mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA




Nada mellor para celebrar o Día da Biblioteca que un libro. Libros que transmiten historias a través das palabras, das imaxes, das ilustracións. Libros que, como sinala a novelista británica, Jeanette-Winterson "comunican ideas e forman pontes entre as persoas".







Por iso, o alumnado de Imaxe e Son de 2º de bacharelato quixo achegarnos coas súas fotografías eses momentos lectores. Momentos nos que o libro se converte no principal protagonista.




              

domingo, 14 de outubro de 2018

XA É HORA DE LER ÁS MULLERES!



No III Día das Escritoras e sumándonos á iniciativa da Biblioteca Nacional de España, queremos propoñer a lectura de textos de mulleres Rebeldes e Transgresoras. Un momento de reflexión na Hora de Ler ou en calquera clase ao longo de toda a mañán deste luns 15 de outubro.



En palabras da escritora e xornalista Joana Bonet, comisaria da actividade: "Historiar la rebelión de las mujeres, rendir homenaje a sus protestas escritas, es un modo de recordar que la libertad actual, el lugar que hoy ocupamos en la sociedad, es el resultado de sucesivas rupturas."




"La educación es la llave para tomar decisiones informadas sobre nuestra vida y la única esperanza para el futuro", Isatou Jeng, activista gambiana. 


mércores, 10 de outubro de 2018

DÍA DAS ESCRITORAS

O luns, 15 de novembro conmemórase o III Día das Escritoras, unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM). O tema deste ano é Mulleres rebeldes e transgresoras.

As mulleres homenaxeadas son María de Zayas, Juana Manso, Rosalía de Castro,  Rosario de Acuña, Filomena Dato Muruais, Carmen de Burgos, Delmira Agustini, Victoria Ocampo, Aurora Bertrana, Magda Donato, Sorne Unzueta Lanzeta (Utarsus), Ángal Figuera Aymerich, María Zambrano, Idea Vilariño, Ana MAría Matute, Carmen Martín Gaite, Josefina Aldecoa, Alejandra Pizarnik, Esther Tusquets, María -Mercé Marcal e Teresa de Jesús.

Os textos seleccionados pola comisaria da actividade, Joana Bonet, pretenden amosar "la insumisión intelectual de aquellas autoras rebeldes y transgresoras que remaron a contracorriente, y en diferentes épocas y circunstancias cuestionaron el orden que les era impuesto desde la ficción, la poesía o el ensayo."

A Biblioteca do IES Castro Alobre, como moitas outras ao longo da xeografía española, quere sumarse a esta iniciativa e difundir estes textos entre o noso alumnado. Será o luns ao longo de toda a mañán.


domingo, 7 de outubro de 2018

O PREMIO NOBEL DA PAZ 2018, UN MERECIDO RECOÑECEMENTO

Este ano o Premio Nobel da Paz recaiu en dúas persoas que teñen en común a súa loita por acabar coa violación como arma de guerra, Denis Mukwege e Nadia  Murad.

Denis Mukwege é un médico congolés que dirixe o hospital Panzi en Bukavu (República Democrática do Congo). O seu compromiso coas mulleres vítimas de violacións fixérono merecedor deste importante galardón. Xa o Equipo da biblioteca recomendaba o curso pasado, dentro do proxecto Rescatando Culturas, a lectura do artigo Panzi: o lugar onde as mulleres renacen, con motivo da celebración do Día Internacional da Prensa.

Nunha entrevista con Xavier Aldekoa, o doutor Mukwege comentaba: “Estas son violaciones diferentes: usan el cuerpo de la mujer como campo de batalla. La crueldad ejercida resulta inhumana. La violación en una zona de conflicto es la voluntad de destruir al otro y a las generaciones futuras a través de la mujer. Si el mundo comprendiera así la violación, no reaccionaría como si fuera un problema sexual; es una agresión contra la humanidad”.

Foto de Xavier Aldekoa
Podedes ler o perfil do premiado na crónica de Xavier Aldekoa, Doctor Congo (Revista 5W).

Nadia Murad é unha activista iraquí de orixe yazidí que foi torturada e violada por integrantes do Estado Islámico. Ela mesma conta a súa historia no libro Yo seré la última. Historia de mi cautiverio y mi lucha contra el Estado Islámico (Plaza Janés). "He escrito este libro para que queden documentados los crímenes cometidos contra las yazidíes. Para que queden por escrito y en detalle las pruebas de la tragedia y de nuestro genocidio", explica nunha entrevista ao diario El País.

Foto de Patricia Sevilla Ciordia


mércores, 26 de setembro de 2018

CLUB DE LECTURA

O Club de lectura xa iniciou a súa actividade e con novidades. Antes de nada, sabede que temos un novo coordinador do Club, Santiago, o profe de inglés. Ademais, Esther Torres e Mila serán as encargadas do Club de lectura do profesorado.

Tamén teremos un Club de lectura inclusiva. O alumnado de 3º PMAR xunto con mozos e mozas do Centro Con Eles reuniranse unha vez ao mes para comentar o Lazarillo de Tormes. Xa vos iremos contando, pero seguro que aprendemos moitas cousas.

Polo momento, déixovos unhas fotos da primeira reunión do profesorado que, despois de ler Xan do Arrabaldo de Rafael Fontoira Surís, fixo un roteiro pola Moureira (Pontevedra) guiado por María Buceta.




 Nesta ligazón podedes visualizar o percorrido. Relive 'A Moureira'