Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuarios e usuarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuarios e usuarias. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de outubro de 2026

CELEBRAMOS SAMAÍN NA BIBLIOTECA!


 Este venres no recreo tivemos unha gran festa na biblioteca, un grupo de cuarto deu un pequeno concerto co profe de música Ismael e despois fixemos a entrega de premios aos dous concursos que tivemos este mes: "PORTADAS TOLAS"o concurso para 1º de ESO, os traballos presentados foros tan bos que todos tiveron premio . Parabéns! Aqui redes algunhas das portadas: 




    O concurso de Tumbas e Epitafios  tivo un gran  éxito, e foi moi complicado escoller as gañadoras... había epitafios divertidos e tamén arrepiantes e tumbas que eran verdadeiras obras de arte... Temos grandes artistas no noso centro.


E aquí redes vídeo feito pola profe Marisa que resume toda esta celebración.





venres, 23 de outubro de 2026

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS


    
Como cada curso o alumnado de 1º de ESO pasou pola biblioteca para saber como funciona e ver todo o que podemos facer nela. Viñeron con Ana e Carlos de lengua Castelá e despois de ver unha pequena presentación buscaron os erros que tiñan unhas portadas moi tolas creadas para a ocasión por Fernado o profe de Física e Química que pertence ao equipo da biblioteca. Que ben o pasaron descubriendo as interferencias entre 


Para finalizar a formación de usuarios e usuarias o equipo de Biblioteca organizou un concurso para crear "Portadas tolas" entre o alumnado de 1º de ESO...Anímate a participar e gaña merendas na nosa cafetearía!!




martes, 26 de maio de 2026

HEROES GREGOS

 O alumnado de Grego de 1º de bacharelato elaborou unhas preguntas sobre Hércules e Aquiles para unha actividade da biblioteca escolar pensada para 1º ESO. O alumnado debía buscar na sección de Mitoloxía (CDU 29) os libros seleccionados na bibliografía e atopar a información que se lles pedía.

Esta actividade tamén quería amosar esta atractiva sección ao alumnado.

Os heroes da mitoloxía grega 

martes, 14 de outubro de 2025

NOVA FORMACIÓN

O luns tivemos unha nova formación na Biblioteca. O alumnado de 1º ESO C aprendeu a localizar os libros e informámolo de todas as actividades que propón a biblioteca. Esperamos a súa participación e as súas suxestións!! 



xoves, 9 de outubro de 2025

FORMACIÓN NA BIBLIOTECA

Comezamos xa a formación de alumnado usuario. 1º ESO E foi o primeiro en vir á biblioteca. Informamos aos alumnos e alumnas das normas de préstamos, ensinámoslle a localizar os libros e convidámolos a participar nas actividades que organiza a biblio. 
Para rematar, tiveron que facer unha sopa de letras para buscar personaxes de libros.

luns, 25 de novembro de 2024

ILLAS PEREGRINAS

Xa temos a recompilación das Illas peregrinas. Esta é unha selección da aportación do alumnado de 1º ESO ao Proxecto Documental Integrado deste curso. Despois da formación como usuarios e usuarias tiñan que buscar libros relacionados con illas e debuxar algunhas das que lle propoñíamos. Tamén tiñan que inventar un título. Este foi o resultado.

mércores, 6 de novembro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Nada mellor que festexar o Día das Bibliotecas que convidando ao alumnado á nosa. Así que decidimos facer a formación de usuarios e usuarias de 1º ESO. O equipo de biblioteca informou das normas, dos préstamos e, sobre todo, promocionamos as lecturas que lle poderían gustar. Ademais, falamos dos concursos e actividades. Finalmente, centrámonos no PDI deste curso "Illas peregrinas", tema que está a desenvolver o Erasmus+. O alumnado debía debuxar unha das illas que lle propoñiamos e inventar o título dun libro relacionado con este tema. 

venres, 20 de xaneiro de 2023

VISITANDO A BIBLIOTECA

O alumnado de 1º ESO A visitou a biblioteca acompañado por Andrea, a súa titora. Despois de moitos atrancos que impediron a súa formación no primeiro trimestre, por fin, puidéronse achegar. 

Nunca é tarde para compartir lecturas e xogos literarios.

luns, 7 de novembro de 2022

SEGUIMOS COA FORMACIÓN

Seguimos coa formación de usuarios e usuarias. Esta vez foi a quenda de 1º ESO E. Tamén este alumnado atopou os libros que levaban a adiviñar o nome do PDI deste curso. Parabéns!!



xoves, 27 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, así que aproveitamos para que a rapazada de 1º ESO veña á Biblioteca. Estes días seguiremos facendo a formación de usuarios e usuarias. Informaremos do funcionamento, das normas, dos préstamos, das actividades que realizamos..., de todas esas cousiñas que debe coñecer o alumnado que, por primeira vez, chega ao noso centro.

O alumnado de 1º ESO B foi o primeiro en "formarse" e pasar un rato agradable, facendo un acróstico. Tiñan que buscar títulos de libros e nomes de personaxes para averiguar o tema do PDI deste curso. E conseguírono!!!



luns, 1 de novembro de 2021

CREANDO PORTADAS DE LIBRO

Para conmemorar o Día das Bibliotecas, nada mellor que convidar ao alumnado de 1º ESO a unha sesión de formación. Tras darlle a coñecer os recursos que podían pedir en préstamo, as normas de funcionamento e as actividades que realizamos, os alumnos e alumnas tiveron que deseñar a portada dun libro e poñerlle título. Descubrimos grandes talentos!

venres, 25 de outubro de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Esta semana o alumnado de 1º ESO pasou pola biblioteca, para explicarlle polo miúdo o seu funcionamento. A actividade final consistiu na busca de libros, tendo en conta a signatura, e na localización dunha foto de persoas con capacidades diversas, que tiveron que colocar no símbolo do proxecto documental integrado deste ano "Todos e todas +".


                      


 
 



mércores, 14 de decembro de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Como todos os anos, convidamos ao alumnado de 1º ESO á Biblioteca para explicarlle o seu funcionamento, darlle a coñecer os recursos e desenvolver algunha actividade de formación. Deixamos, como recordo desta actividade, unhas fotos.