O Club de lectura deséxavos Bo Nadal.
venres, 2 de xaneiro de 2026
CANCIÓNS DE NADAL
Mentres comentabamos 1984 tivemos unha sorpresa. O profe de Música, Isma, veu á Biblio co coro a cantarmos cancións de Nadal. Fixérono realmente ben e animáronos a xuntanza.
Parabéns!!
luns, 1 de decembro de 2025
OBRADOIRO DE NADAL
Xa está chegando o Nadal á Biblioteca. As Curuxainas do Club de lectura participaron nun obradoiro impartido pola profe Noa. Fixeron adornos para a árbore e para os agasallos. Foi un momento moi divertido!!
Máis info no blog do Club de lectura
https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2025/12/obradoiro-de-nadal.html
luns, 30 de decembro de 2024
UN NADAL CON CLÁSICOS
Καλά Χριστούγεννα ou Feliz Nadal é o desexo do alumnado de Cultura clásica de 4º ESO que vos recomendan para estas vacacións libros de mitoloxía, de historia, de gastronomía, de poesía ou narrativa. Todas estas lecturas están relacionadas con Grecia e coa mitoloxía do mundo clásico. Lecturas moitas veces esquecidas e que é necesario recordar.
Tamén os Karabakis traen esas recomendacións lectoras. Os karabakis ou barquiñas son o adorno tradicional das illas e zonas costeiras gregas. Unha maneira de recordar o tema do PDI, Illas peregrinas.
venres, 27 de decembro de 2024
LE NO NADAL
LECTURAS PARA O NADAL
A árbore de Nadal da Biblioteca estaba cargada de recomendacións lectoras.
mércores, 10 de xaneiro de 2024
venres, 5 de xaneiro de 2024
NADAL NA BIBLIOTECA
O equipo de Correspondentes do noso instituto amosaron unha vez máis ser grandes organizadores de eventos, deron as badaladas de Fin de Trimestre desde a Biblioteca e conduciron unha xincana para o alumnado de 1º ESO.
FELICITANDO O NADAL
O grupo de Diversidades afectivo-sexuais convidou a toda a comunidade educativa a felicitar un Nadal moi diverso. O equipo de Biblioteca participou no vídeo e aproveitou para recomendar lecturas.
martes, 10 de xaneiro de 2023
PRESENTANDO O PROXECTO DO VOLUNTARIADO
Como peche deste primeiro trimestre e para finalizar o ano escolar, o alumnado do Voluntariado lingüístico, dirixido pola profe de galego, Marisa, deunos a coñecer os obxectivos da súa formación. Nunha festa no pabillón presentáronnos ao alumnado embaixador dos distintos lugares de procedencia de alumnos e alumnas. Houbo badaladas, comida internacional e música. Toda unha festa intercultural!
xoves, 22 de decembro de 2022
ÁRBORE LITERARIA DE NADAL
martes, 6 de decembro de 2022
CHEGA O NADAL
Chega decembro e con el o Nadal. O Club do alumnado axudounos a poñer a árbore que esperamos conertir nunha árbore "literaria" con recomendacións lectoras.
venres, 7 de xaneiro de 2022
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
xoves, 23 de decembro de 2021
HOXE RECOMENDAN...
Os últimos días de clase temos a recomendación lectora de Antonio Fernández, profe de galego, Paloma García, profe de música, e de Pili, quen cada día cun sorriso acolle a profesorado e alumnado na cafetería do centro.
domingo, 19 de decembro de 2021
xoves, 16 de decembro de 2021
martes, 14 de decembro de 2021
HOXE RECOMENDAN...
Chega o turno de Lía Pérez González (2º bacharelato A) e Luis Quinteiro, profe de Educación Física.
Comentarvos que as recomendacións dos compañeiros e compañeiras están a chegar á biblioteca. Irémolas poñendo no expositor do vestíbulo. Se vos apetece coller algún dos libros para o Nadal, ide á biblioteca para solicitar o seu préstamo.
luns, 13 de decembro de 2021
HOXE RECOMENDAN...
HOXE RECOMENDAN...
Recomendacións lectoras do venres día dez de decembro a cargo de Aroa Rodríguez (4 ESO B) e Pablo Villanueva, profe de Plástica.

















