luns, 1 de decembro de 2025
mércores, 19 de febreiro de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Tamén, vos recomendamos lecturas para que non esquezades que hai e houbo moitas mulleres científicas. Podes atopalos na biblioteca.
venres, 7 de febreiro de 2025
FINALISTAS "MÓVETE CO BIOETANOL"
No mes de outubro o alumnado de 3º ESO tivo un encontro con Big Van Ciencia do que nos fixemos eco neste blog (https://bibliocastroalobre.blogspot.com/2024/10/big-van-ciencia.html). Helena e Oriol convidou ao alumnado a participar no concurso Móvete co Bioetanol e un grupiño de alumnos e alumnas de 3º ESO B puxéronse a traballar no guion, a gravar e presentaron un vídeo. Todo isto baixo a dirección da profe de Física, Ángeles.
Hoxe, están en Santiago, na Gala Final "Móvete co Bioetanol", porque o seu vídeo está entre os oitofinalistas. Que nervios! Podedes seguir a gala en directo. Empeza ás 11.00 h.
Desexámoslle moitísima sorte, porque o seu traballo é realmente bo. Para nós xa é un grande premio que estean aí. Podesde estar orgullosos e orgullosas. Desfrutade da gala!!!
Parabéns do equipo de biblioteca!!
venres, 22 de novembro de 2024
LE CIENCIA EN GALEGO
Cada vez son máis as lecturas científicas que forman parte da nosa biblioteca. Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego e, por iso, podedes ver moitos libros expostos desta temática. Tamén queremos contribuír a dar a coñecer os Obxectivos do Desenvolvenmento Sostible (ODS).
Elaboramos un boletín informativo con lecturas divulgativas sobre o cambio climático, a contaminación dos mares polos plásticos, a degradación do solo.. E tamén algunhas solucións e medidas que podemos tomar nas nosas casas. Este é un exemplo dalgúns libros que podedes atopar, pero hai moitos máis!!
Agardámoste cos libros abertos!
mércores, 22 de novembro de 2023
CIENCIA EN GALEGO
luns, 13 de febreiro de 2023
LECTURAS DE MULLERES CIENTÍFICAS
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e nada mellor que lecturas que dean a coñecer a científicas importantes.
mércores, 23 de novembro de 2022
CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Rematando o mes da Ciencia en galego, tamén está a piques de rematar ese pequeno concurso "científico". Nos libros, como ben sabe o noso alumnado, están as respostas. Unha boa maneira de amosar libros divulgativos de temas realmente interesantes e de actualidade.
venres, 11 de febreiro de 2022
A CIENCIA TAMÉN É COUSA DE MULLERES
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, recomendamos lecturas e damos a coñecer a algunhas científicas que o alumnado, que se achegue ata a biblioteca, poderá ver nuns cartaces sobre as mesas.
venres, 19 de febreiro de 2021
AS CIENCIAS NA BIBLIO: A CÉLULA EUCARIOTA
Na entrada de hoxe abrimos a porta ás ciencias da man do alumnado de 4º ESO F. Nos vídeos que podedes ver, fálannos das células eucariotas, uns bos traballos e unhas magníficas recreacións. Agradecemos a Irene Munín que os animase a mandarnos estes vídeos.
O blog da biblio é de todos e todas. Grazas!

















