mércores, 11 de novembro de 2026
E TI QUE CONTAS?
mércores, 14 de outubro de 2026
XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
Despois dun longo verán cheo de lecturas, tocou xuntarnos de novo para falar de libros, neste caso de La hija de Santiago del Molino. Unha historia que nos descubriu a vida dunha pintora do século XIX, Rosario Weiss discípula de Goya. Pareceunos unha lectura interesante, ainda que coincidimos en que a segunda parte do libro era un pouco redundante. Antes de despedirnos escollimos as próximas lecturas: As humidades, primeira novela de Alba Tomé antiga alumna do noso centro e Ana no de Agustín Gómez Arcos. Vémonos en novembro!!
xoves, 8 de outubro de 2026
CLUB DE LECTURA DE CIENCIA FICCIÓN
Se che gustan as distopías, os universos descoñecidos e as realidades paralelas, únete ao noso Club de Lectura de Ciencia Ficción.
Compartiremos lecturas, ideas, misterios e debates sobre mundos posibles e imposibles.
Apúntate na Biblio e comeza a aventura!
mércores, 30 de setembro de 2026
CLUB DE LECTURA
Xa está de volta o Club de Lectura Curuxaina!! Este curso Lúa a profe de inglés vai ser a encargada de descubrirnos lecturas fascinantes. Apúntate na Biblio!
venres, 26 de xuño de 2026
LA VEGETARIANA
A última xuntanza deste curso do Club do profesorado pódese resumir con dúas palabras: inquietante e perturbadora. Non pola reunión, por suposto, que foi coma sempre moi agradable; pero si pola lectura. Nestes dous adxectivos coincidimos todas para calificar o libro de Han Kang La vegetariana. Destacamos a prosa da autora, a utilización das palabras, a poesía do texto. Unha boa lectura para o verán.
Pola nosa parte, espérannos tres propostas: Esperando a mister Bojangles de Olivier Bourdeaut, La hija de Sergio del Molino e Ana no de Agustín Gómez Arcos.
Vémonos en setembro, Curuxainas!
luns, 22 de xuño de 2026
O CLUB DE ROTEIRO
Despedímonos ata o curso que vén
, pensando nas lecturas que nos esperan para estas vacacións.
luns, 15 de xuño de 2026
E TI QUE CONTAS!
Hoxe despedímonos por este curso do Club E ti que contas! Estivemos lendo e pasando un rato moi divertido coas aventuras do galo Quirico, un conto tradicional que ensina que, ás veces, non é bo ser un larpeiro. Despois, tivemos unha merendiña na cafetería para despedirnos ata setembro.
AGASALLANDO PALABRAS
No último encontro do Club de Lectura Intercultural na Cruz Vermella agasallamos palabras.
mércores, 3 de xuño de 2026
CLUB DE LECTURA INTERCULTURAL
No Club de Lectura Intercultural e Interxeracional, o Equipo de Correspondentes e Voluntariado reúnese na Cruz vermella de Vilagarcía con estudantes de español de diferentes nacionalidades. O obxectivo destes encontros é compartir para coñecer e nesta ocasión o tema foi "O Entroido". O alumnado voluntario fixo un vídeo no que recolleu o que máis lle chamou a atención.
xoves, 28 de maio de 2026
Con Pancho Lapeña
Hoxe tivemos unha xuntanza moi especial no Club de lectura. Pancho Lapeña, profesor de Filosofía, escritor, deseñador gráfico e, sobre todo, un gran amante dos paxaros, falounos de como publicar un libro e de como deseñar unha capa. Foi unha charla moi interesante e esperamos que haxa unha segunda parte.
Os Sneetches
Na xuntanza deste mes do Club E ti que contas? lemos Os Sneetches, unha historia tradicional inglesa cuns gansos moi divertidos. Aprenddemos que o importante non é que sexamos todos iguais, porque a diferenza nos fai persoas únicas. Esta vez tocounos ler na biblioteca do Colexio de Educación Especial.
domingo, 10 de maio de 2026
MENTIRA
A reunión desta semana do Club foi para falar de Mentira de Care Santos. Foi todo un éxito, gustou moitísimo😍. Na xuntanza tratáronse distintos temas como as redes sociais, as mentiras das segundas oportunidades e, por suposto, falouse de namorarse.
A próxima e última lectura deste curso será El último trabajo del señor Luna de César Mallorquí, unha historia de misterio que seguro lles vai gustar.
xoves, 23 de abril de 2026
FREDERICK
Onte tivemos unha nova reunión do Club de lectura E ti que contas? Desta vez tocounos recibir na nosa biblioteca ao alumnado do Colexio de Educación Especial. Lemos a historia de Frederick, un rato de campo mi poeta. Despois falamos desta historia, fixemos uns xogos e inventamos mil e unha historias que pasan nas granxas.
Vémonos o próximo mes con novas historias de animais.
luns, 6 de abril de 2026
HASTA QUE EMPIECE A BRILLAR
Nova xuntanza do Club Curuxaina para compartir as impresións sobre o libro de Andrés Neuman, Hasta que empiece a brillar.
E TI QUE CONTAS!
Aínda que un pouquiño tarde, por fin reunímonos co Club de lectura do Colexio de Educación Especial. Coma sempre, compartimos uns momentos moi agradables, presentámonos, falamos das nosas historias favoritas e fixemos xuntos unha tarxeta de amizade. Tamén recibimos un fermoso agasallo feito polo obradoiro de reprografía do Colexio.
luns, 9 de febreiro de 2026
MICRO ALGAS
Reuniuse o Club de lectura para comentar Micro algas de Xulia Pisón. Despois de escoitar as opinións sobre este cómic e valorar a importancia destes microorganismos para a natureza e o ser humano, fíxose un cartaz para facer partícipe a todo o centro desta actividade.
Ao final da sesión, repartíronse os libros da seguinte lectura, Mentira de Caré Santos.
venres, 2 de xaneiro de 2026
1984 NO NADAL
Última xuntanza do ano do Club de lectura de ciencia ficción. Fernando falounos de Orwell e fixo unha introdución ao libro, para situarmos no tema. Moi interesantes os seus comentarios.
Comentouse, máis ou menos, a metade do libro. Inquietante o Gran Irmán e a revisión do pasado. E tamén xurdiu a comparación desa vixianza constante coa nosa vida permanentemente exposta a través dos teléfonos móbiles e das redes sociais.
Resultou unha reunión interesante e deixounos con ganas de afrontar esa última parte do libro que nos queda para despois do Nadal.
luns, 1 de decembro de 2025
OBRADOIRO DE NADAL
Xa está chegando o Nadal á Biblioteca. As Curuxainas do Club de lectura participaron nun obradoiro impartido pola profe Noa. Fixeron adornos para a árbore e para os agasallos. Foi un momento moi divertido!!
Máis info no blog do Club de lectura
https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2025/12/obradoiro-de-nadal.html






