En Letras no Alobre a biblioteca fixo a súa aportación. Fixemos un obradoiro con libros para todo o alumnado de 1º ESO. Foi todo un éxito!! Agora, ratos e muíños adornan a nosa biblioteca.
martes, 4 de xuño de 2024
LETRAS NO ALOBRE
luns, 29 de maio de 2023
VOLUNTARIADO NAS LETRAS
Un grupiño de alumnado voluntario informounos de calquera dúbida acerca das actividades. Agradecemos a súa implicación nesta xornada. Desenvolveron un gran labor.
Parabéns!
LETRAS NO ALOBRE III
Importante actividade neste día é o mural literario. Todas as clases deben investigar sobre un autor ou autora propostos e crear un mural.
Parabéns ao alumnado polas súas creacións.
En 1º ESO, Antoine de Saint-Exupéry.
LETRAS NO ALOBRE II
Neste día importante no noso centro non debemos esquecer as actividades relacionadas coa lectura. Houbo unha xincana literaria, no que cada equipo leva o nome dun autor ou autora, e Carteleando, na que o alumnado de 2º ESO tiña que realizar unha serie de probas relacionadas con persoeiros do mundo das ciencias e das artes.
Tamén houbo representacións teatrais. O alumnado de 1º ESO representou un fragmento de Segismundo y compañía de Fernando Lalana.

















































