mércores, 23 de abril de 2025

SOMOS FINALISTAS!

 O Grupo Radio Pontevedra da Cadena Ser, promotor dos premios José Hermida de Radio Escolar, vén de anunciar os finalistas deste concurso. Entre eles está un dos podcast gravado por alumnado do noso centro e dirixido pola profesora Marisa Moreda. A gravación realizouse na recién inaugurada radio ubicada na biblioteca.

Foi unha inmensa alegría recibir esta noticia e, ademais, no Día do Libro, xa que o podcast é unha entrevista a Andrea Nunes a propósito da súa participación no libro Somos pandeireteiras.

Parabéns polo voso traballo!

Podedes ler a noticia completa na seguinte ligazón https://cadenaser.com/galicia/2025/04/23/ya-se-conocen-los-finalistas-de-los-premios-jose-hermida-de-radio-escolar-radio-pontevedra/

DÍA DO LIBRO

Esta semana o profesorado e persoal non docente estamos indo á biblioteca para agasallar cun libro a un compañeiro ou compañeira. Tivemos que retrasar ata a semana que vén a celebración deste día tan importante para a biblioteca e para toda a comunidade educativa, por mor de varias saídas didácticas.  

O vindeiro martes intercambiaremos eses libros e compartiremos uns petiscos.

luns, 21 de abril de 2025

O LIBRO DA NOSA VIDA

O equipo da Biblioteca e o de Normalización Lingüística presentaron, por mor do Día do Libro, este concurso. Quen queira participar, debe adiviñar o profesor e profesora que se agocha nesas fotos de hai xa anos e ler ben as frases, que poden ser de axuda. É o libro das nosas vidas presentado en forma de árbore.

E este é o alumnado gañador e finalista.

xoves, 10 de abril de 2025

UNHAS CARTAS MOI ESPECIAIS

 Onte reuniuse o Club de lectura de 1º e 2º da ESO para ler as cartas que lle mandara o alumnado do IES Chano Piñeiro. As nosas xa van en camiño. Nelas poderán saber cales son as lecturas favoritas dos alumnos e alumnas do club.

luns, 7 de abril de 2025

ISLAS LITERARIAS


 O Departamento de Lingua castelá contribuiu ao PDI con "Islas Literarias". Este é o resultado final do proceso de investigación.