Amosando publicacións coa etiqueta Día das Escritoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Escritoras. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de outubro de 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS 2026

  

"As amigas como forma de liberdade"


    Celebramos o día das escritoras cunha pequena exposición de lecturas feitas por mulleres moi diferentes, pero que teñen en común a importancia que ten a amistade nas súas obras. Paula Carballeira, María Solar, Xulia Pisón, Emilia Parado Bazán... todas están na noa biblioteca para que poidades achegarvos a súas obras. 


                                                 
    
    Ademais un grupo de alumnado de 1º da ESO gravou un vídeo que mostra a biblioteca como un lugar de encontro, de acubillo, de risas,  de liberdade...no que podemos desfrutar de lecturas coas amigas e amigos... 


martes, 14 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha data que debemos recordar. Este ano, alumnado e profesorado recomendounos a súa escritora favorita.

mércores, 9 de outubro de 2024

RAÍCES DA LINGUA

Raíces da lingua quere visibilizar as escritoras galegas que son premios nacionais. Fina Casalderrey, Ledicia Costas, Pilar Pallarés, Olga Novo, Yolanda Castaño, Chus Pato, Alba Cid, Marilar Aleixandre, Paula Carballeira, Ana Romaní e Bea Lema.

Algunhas delas mandaron un vídeo para o noso alumnado. Queremos agradecer a Andrea (profe de galego) que nos achegase estas importantes voces da nosa literatura, as nosas voces.

Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019. Moitas grazas por achegarnos este fermoso poema.


Ana Romaní, Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2018. Que marabilla escoitala!!!
Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 2024 cun poema de Sonora.

Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa  2022 por As malas mulleres.

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 por Escarlatina e a cociñeira defunta. Tantas veces lida no instituto, escoitade con atención a súa mensaxe.

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023 polo seu libro Materia. Grazas por dedicarlle uns minutos ao noso alumnado neste día.
Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven "Miguel Hernández" (2020) polo seu libro Atlas. 
Un Día das Escritoras marabilloso, un auténtico luxazo. 
Grazas a todas por compartir os vosos poemas co noso alumnado.

DÍA DAS ESCRITORAS

 O 14 de outubro celébrase o Día das Escritoras. Un ano máis sumámonos á iniciativa da Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. O tema desta IX edición é "La periferia de la periferia: mujeres que miraron al mundo rural". 

Esperamos que, este luns, na Hora de Ler o profesorado lea algún texto dos seleccionados pola comisaria Ana Iris Simón, que xa están na Aula Virtual.

Tamén recomendamos a lectura de Fisteus era un mundo de Lupe Gómez.

Ademais, desde a Biblioteca promovemos Raíces da lingua para difundir e visibilizar as escritoras galegas que son premios nacionais en narrativa, poesía, teatro, cómic ou xornalismo. 

Diseño de Biblioteca Castro Alobre