Amosando publicacións coa etiqueta Terror. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terror. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de novembro de 2025

LECTURAS DE TERROR

Na Biblioteca temos a exposición de libros de terror para animar a ler ao alumnado ao que gustan estas historias. Tamén pretendemos conseguir novos lectores e lectoras. Todo un reto!!


E este é o boletín coas recomendacións que podedes consultar en calquera momento.
 

Libros de medo. Samaín de Biblioteca Castro Alobre

O SAMAÍN

 Actividades varias tivemos na Biblioteca neste día de medo, bruxas e mortos. Coas portas adornadas, fixemos recomendacións lectoras, houbo diversos obradoiros e un concerto de música de terror a cargo do alumnado de 4º ESO, dirixido polo profesor Ismael.

mércores, 5 de novembro de 2025

O SAMAÍN VAI CHEGANDO

 Así anunciou o alumnado a chegada do Samaín á Biblioteca, convidando a mozos e mozas a pasar unha mañá de medo.👻👾💀

luns, 18 de novembro de 2024

A NOITE DA LOBISMULLER

 Parabéns ao alumnado do agrupamento de Lingua galega por este vídeo "A noite da Lobismuller". Gañaron o premio do concurso de terro!!!!👏👏👏

mércores, 23 de outubro de 2024

LOBISHOME

 Xa temos o primeiro concurso da biblioteca. Un concurso de medo, LOBISHOME.

Participade!!!


martes, 5 de decembro de 2023

ENTREGA DE PREMIOS

Entregamos os premios ao alumnado gañador dos Relatos de Terror. Gabriel e Xiana de 1º ESO, Xiana de 2º ESO, Antía de 4º e Elena de 2º de bacharelato pasaron pola biblioteca para recoller un vale agasallo para unha tenda de cómics.

Parabéns para todo o alumnado participante. Houbo un nivel moi alto que nos serviu para coñecer a grandes escritores e escritoras.👏👏👏



Terror en el instituto de Biblioteca Castro Alobre
Pesadelo de Biblioteca Castro Alobre

mércores, 22 de novembro de 2023

LIBROXOGO TERRORÍFICO

Busca as pistas e atopa os libros que te recomendamos para ler, se che gusta o terror. Ademais deses, atoparás moitos máis.


venres, 17 de novembro de 2023

LENDO MEDO

 Chegado o Samaín, quixemos recomendar lecturas de medo e nada mellor que ofrecer uns fragmentos acompañados de exposicións dos libros que temos na biblioteca. 

Tamén estes fragmentos se puideron ler na Hora de ler e..., quen sabe... Ao mellor alguén se animou e o escolleu como lectura para pasar momentos terroríficos.

Historias De medo de Biblioteca Castro Alobre

venres, 10 de novembro de 2023

SAMAÍN NO ALOBRE

 Vivimos unha xornada de medo no Castro Alobre que tivo como protagonista ao alumnado do Proxecto Competencial. Visitamos un cemiterio literario, no que puidemos ver as tumbas de Vicente Risco, Eduardo Pondal, María Victoria Moreno, Valentín Paz Andrade, Rosalía de Castro ou Xela Arias entre outros. Tamén, viaxamos a diferentes universos literarios terroríficos. Houbo maquillaxe, un escape room, busca do premio e un photocall no que participou o equipo da biblioteca. 
Todo isto presidido pola Santa
Compaña
.
Ademais, queremos recomendar a visualización do vídeo A morte a tod@s iguala nesta ligazón https://youtu.be/vfiso95vcdA?si=gidUVFLvGebLgepn. O alumnado correspondente de 4º ESO cóntanos como se celebra a morte nos seus países de orixe. Realmente interesante.
Parabéns!!!

xoves, 22 de decembro de 2022

ENTREGA DE PREMIOS

Custounos un pouco entregar os premios do concurso "Imaxinando un novo It" pero, finalmente, conseguímolo. Coincidiu con época de exames e foinos imposible reunir ao alumnado premiado. Estes son os marabillosos debuxos.

Parabéns!!!

Categoría A (1º, 2º e 3º ESO)

1º premio. Victoria Tabata (3º D)

2º premio. Gabriel Carbone (1º B)

3º premio. Kevin Andrés e Madeleine Naranjo (2º E)

Categoría B (4º ESO, 1º e 2ª bac.)

1º premio. Yara Tristán (4º B)

2º premio. Elena Martínez (1º A)

3º premio. Bruno Seco (4º C)





luns, 7 de novembro de 2022

IMAXINANDO UN NOVO IT

 Chegou o primeiro concurso. Un concurso de medo. Tedes que imaxinar un monstro e debuxalo. Un "novo It" terrorífico. Lede ben as bases e participade. Hai premios!!!🍠🍠🍠

LECTURAS TERRORÍFICAS

Con novembro chega o mes de terror. Na biblioteca e nos puntos de lectura do vestíbulo e dos corredores podedes atopar suxestións de lecturas terroríficas 👻👹👾👿💀. 
Animádevos a ler algúns destes libros. Seguro que vos gustarán!

domingo, 21 de novembro de 2021

LECTURAS DE TERROR

SONS TERRORÍFICOS

 Para rematar a Semana do Terror, a profe de Música, Paloma, tróuxonos unha serie de instrumentos para facer eses sons que tantas veces oímos nas películas. Iso si! Todo máis caseiro. Quedamos con ganas de repetir.






luns, 15 de novembro de 2021

venres, 12 de novembro de 2021

XA CHEGOU A SANTA COMPAÑA

Alumnado de Teatro de 2º ESO C, D, E, dirixido polo profesor Carlos Cid, representou a chegada da Santa Compaña.

Parabéns a este grupiño pola magnífica interpretación e agradecementos pola implicación nesta Semana do terror. 👏👏👏


Deixamos, tamén, unhas fotos con distintos momentos da actuación.

 

mércores, 10 de novembro de 2021

PHOTOCALL TERRORÍFICO

MÚSICA E RELATOS DE TERROR

Queremos agradecer a este grupiño de alumnado a súa boa disposición para colaborar coa biblioteca na Semana do Terror. Lorena cantou magnificamente. Temos unha grande estrela entre nós! 👏👏

Xerome e Carolina e Clara, Ariadna e Óscar leron uns relatos de terror para poñernos os pelos de punta. 😬😬

luns, 8 de novembro de 2021

COMPAÑA

Inauguramos a Semana do Terror coa curtametraxe Compaña de Xerome Vence Nieto, alumno de 1º de bacharelato A. Recomendamos a súa visualización porque é, realmente, un traballo marabilloso.

Parabéns, Xerome, e moitas grazas por colaborar coa biblioteca.


E nesta foto aparece Xerome e dúas compañeiras que lle axudaron na gravación do vídeo.