Amosando publicacións coa etiqueta PDI: "As Olimpiadas". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI: "As Olimpiadas". Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de decembro de 2016

III CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

A Biblioteca vén de gañar o III Concurso de Traballos por Proxectos convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na modalidade Proxectos Documentais Integrados coordinados desde a Biblioteca escolar. A resolución da convocatoria aparece hoxe publicada no DOG. 
Como coordinadora quero agradecer a todo o Equipo da biblioteca a súa adicación e o grande traballo que realizou e que está a realizar. Pero non podo esquecer ao profesorado nin ao alumnado; grazas a súa colaboración e a súa implicación no noso proxecto, puidemos acadar este premio.

Aquí vos deixou o proxecto premiado, As Bibliolimpiadas.
Guadalupe Vilar, coordinadora da biblioteca



https://drive.google.com/drive/folders/0B72EEzU63Ik4X2tyWU1OMTFGejA

martes, 28 de xuño de 2016

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: AS BIBLIOLIMPIADAS

Como resumo dun curso bibliolímpico, déixovos un enlace no que podedes consultar a documentación elaborada polo equipo de Dinamización da biblioteca.
Agradecemos a todo o profesorado e ao alumnado a súa colaboración nas propostas presentadas por este Equipo.
Finalizamos proxecto, finalizamos curso e xa temos novas ideas pero, de momento, descansade e que pasedes unha boas vacacións.

https://drive.google.com/folderview?id=0B72EEzU63Ik4X2tyWU1OMTFGejA&usp=sharing

luns, 20 de xuño de 2016

UN CUENTO POR RELEVOS

Publicamos o traballo realizado polo alumnado de 2º ESO D e dirixido polo profesor José Sabarís. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Documental Integrado "As Olimpiadas".

Un Cuento por relevos

martes, 14 de xuño de 2016

LESIÓNS OLÍMPICAS

Excepcional presentación elaborada polo alumnado de 1º de bacharelato de Anatomía Aplicada e dirixido pola profesora Milagros Torrado.
Este traballo está enmarcado dentro do proxecto coordinado pola Biblioteca "As Olimpiadas".