Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xullo de 2026

FILLAS DE CASSANDRA

O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego. Episodio 1. Vega e Cata fálannos de Fillas de Cassandra e a súa canción Tataravoa.

luns, 11 de maio de 2026

BRAIS DE MOMBOI

Hoxe a Biblioteca encheuse de música en galego. Deixamos os libros por un momento para escoitar a Brais Sánchez, voz, guitarra e letrista de Momboi. A rapazada puido escoitar a Brais cantando en galego e gustoulles, gustoulles moito. Tendo en conta que, polo menos no noso instituto, é moi pouco o alumnado que escoita e coñece cantantes en galego, foi todo un éxito a súa actuación. Seguro que o seguirán a escoitar.
Todos e todas as presentes pasamos un rato moi agradable. Despois da súa actuación, ía dar un obradoiro de voz ao coro, dirixido polo profe de Música Isma.
Grazas Brais e grazas Isma por achegarlles esta música á rapazada.

xoves, 5 de febreiro de 2026

BOMBARDEO!

 Bombardeo! foi outra das propostas do departamento de Música na que o alumnado protestou polas guerras cunha acción poético-musical. Ademais do alumnado de Música, parte imprescindible neste proxecto, colaborou a Biblioteca, o equipo de Normalización Lingüística e o alumnado de Oratoria e Correspondentes.

martes, 16 de decembro de 2025

MÚSICA NA BIBLIO

 Hoxe, de novo, puidemos escoitar música na biblio. O alumnado, dirixido por Isma, interpretou tres pezas e fíxoo realmente ben. Estamos realmente encantados de que a biblioteca tamén se converta nun espazo musical.

Parabéns!!


luns, 24 de novembro de 2025

APRENDENDO A SER DJ

 De novo, a música foi protagonista na biblioteca. Carlos e Cris ensináronlle a un grupiño de alumnas e alumnos como misturar a música. Pasárono xenial e xa nos están dicindo que hai que comprar o necesario para pór en práctica o aprendido.

Grazas, Carlos e Cris, por facelos interesarse polo mundo da música.

luns, 3 de novembro de 2025

EMILIANO FARYNA, GUITARRISTA ARXENTINO

 O luns 27 de outubro visitounos o guitarrista arxentino Emiliano Faryna. Emiliano é un músico de traxectoria internacional que pasa sete meses ao ano viaxando e tocando, cada día, nunha cidade distinta.


Falounos da súa rutina cando está de xira e explicounos cousas moi interesnates da música popular arxentina. Tamén non interpretou diferentes pezas polulares, e mesmo ensinou unha peza ao alumnado para que cantase con el.

Esta actividade está enmarcada dentro da colaboración que a Biblioteca está a levar co Departamento de Música e, coma sempre, agasallámolo con produtos da zona.

xoves, 2 de outubro de 2025

CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado luns 29 de setembro tivemos un concerto didáctico realizado polo oboísta internacional Nicolás Cabaleiro, que actualmente reside en Alemaña.

Explicounos o funcionamento dunha orquestra sinfónica profesional e interpretounos algúns dos fragmentos máis representativos do oboe nesa formación.

mércores, 23 de outubro de 2024

MOVIDA, ATLANTISMO...

 O noso compañeiro, membro do equipo de biblioteca e profesor de Física acaba de publicar un libro e non pensedes que é dalgún tema científico, porque non. É de música e non é o primeiro. Sabiades que Fernando controlaba moitísimo de música? Pois xa vedes. 

Agradecémoslle a doazón do seu libro á biblioteca e, proximamente, teremos algunha que outra sorpresa.

Moitas grazas, Fernando e parabéns!