O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego. Con este podcast rematamos o curso 2025-2026.
Episodio 6. Miguel e Javier dan a coñecer o ritmazo de Kid Mount coa canción Esta vida pide outra.
O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego.
Episodio 5. Amanda e Valentina preséntannos a característica voz da compositora Antía Muíño.
O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego.
Episodio 4. Málika e Noa escolleron ao muradán 9Louro e coméntannos o que senten coa súa canción Fíos.
O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego.
Episodio 3. Nayara, Mar e Icía preséntannos os ritmos de reggaeton e trap en A100 de Lil Sam.
O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego. Episodio 2. Diego, Rocío, Lucía, Carolina e Enma analizan un dos fenómenos musicais do momento: Lg1do.
O
pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de
Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto,
puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego
que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un
artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os
ritmos que están a marcar o panorama musical galego.
Episodio
1. Vega e Cata fálannos de Fillas de Cassandra e a súa canción
Tataravoa.
Neste podcast realizado polo alumnado de PDC podedes escoitar dúas entrevistas moi interesnates e divertidas sobre dous temas de actualidade. Unha sobre os Therians, temos en exclusiva un que nos conta como é a súa vida; e a outra charla é sobre a nosa biblioteca, que nos gusta dela e que podemos cambiar para mellorala.
Penélope e Circe son dúas mulleres da mitoloxía grega. Un grupo de estudantes de Grego fixeron un podcast con ton humorístico, contando a historia destas dúas mulleres e vencellándoa ao libro de Begoña Caamaño Circe ou o pracer do azul.
No
marco da mobilidade Erasmus+ coas Açores, entrevistamos a Beatriz,
profesora da Escola Secundária Domingos Rebelo, quen nos explicou a
traxectoria e a importancia deste proxecto europeo no seu centro
educativo.
A continuación, as verdadeiras protagonistas desta
experiencia, as alumnas participantes no intercambio, compartiron o
seu testemuño. Explicaron como foi o proceso de selección para
formar parte da mobilidade, falaron da experiencia de acoller nas
súas casas e relataron as vivencias e aprendizaxes adquiridas
durante a súa estadía na Galiza. A entrevista foi conducida por
Ainara, alumna de 4º da ESO e participante nesta mobilidade como
acolledora dunha estudante açorianas.
Para terminar, Ainara convidou
as alumnas a animar outros mozos e mozas a participar nos proxectos
Erasmus+, destacando as oportunidades que os intercambios ofrecen.
Esta experiencia puxo de manifesto, unha vez máis, como o galego
pode actuar como unha valiosa ponte de comunicación coa lusofonía,
facilitando o encontro entre culturas e fortalecendo os lazos entre
Galiza e os territorios de fala portuguesa.
O luns celebramos o Día das Letras Galegas con actividades variadas nas que participou o alumnado dos diferentes cursos. Organizado por Normalización Lingüística, unha olimpiada cultural sobre Begoña Caamaño puxo a proba os coñecementos que sobre esta escritora tiñan alumnas e alumnos.
Un grupiño de estudantes de 2º ESO interpretou a obra de teatro "Asamblea xeral". Despois, o Diario cultural con Xián Pais achegou as inquietudes musicais deste rapero de Muros á rapazada de 3º, 4º ESO e de bacharelato. Esta entrevista gravouse para a radio escolar. Para iso, tivemos que trasladar a radio ao Salón de actos que, momentáneamente, se convertiu nun estudo de gravación.
No Día da Cruz Vermella compartimos o podcast "Mocidade vermella" realizado por voluntarias do Castro Alobre. Nel entrevistan a Siara, unha traballadora da Cruz Vermella de Pontevedra e animan á mocidade a realizar voluntariado.
Elisa May, estudante de 3º ESO, fálanos neste podcast da importancia que ten o cabelo para as mulleres e o que representa na arte, literatura, cultura pop...
Valentina, alumna de 1º ESO B, fixo un podcast sobre os estándares de beleza, tanto na vida cotiá coma nas redes sociais e como afectan a nosa sociedade de hoxe en día. con este podcast participou no concurso convocado pola biblioteca.
Para celebrar a semana do pobo xitano, en "Non calamos. Radio Castro" estivemos a conversar co alumnado xitano sobre algunhas características da súa cultura.
No podcast que vos ofrecemos a continuación, catro rapazas falan de como funciona o pedimento e o o casamento na súa cultura.
Este podcast foi elaborado polo alumnado de 4º PDC arredor do fenómeno Therian, entendido como punto de partida para reflexionar sobre o respecto á diversidade, ás distintas identidades e ás diferentes maneiras de sentir e entender o mundo.
Parabéns a Madeleine, Kevin, Paola, Carlos e Aron.
Paula e Rocío, alumnas de Oratoria de 3º ESO E, gravaron un podcast para darmos a coñecer a visión de catro profesoras, de diferentes xeracións, sobre as súas carreiras científicas: Matemáticas, Bioloxía e Física e Química.
No Día de Rosalía, Paula e Rocío -alumnas de Oratoria que forman parte do Equipo de Correspondentes- puxéronse ante os micros de "Non calamos. Radio Castro" para ler o manifesto da AELG escrito por Eva Veiga. Animámosvos a escoitar porque, como Rosalía, nós tampouco nos resignamos. "Con ela queremos loitar contra o patriarcado, contra a trata de seres humanos, contra o autoritarismo, contra todas as inxustizas e a prol dunha humanidade responsable que coida da infancia e da educación humanista, aberta ao outro, ao diferente, capaz de mostrar empatía e colaboración".
O 13 de febreiro é o Día Internacional da Radio; por iso, queremos fomentar este medio de comunicación e convidarvos a participar no Proxecto Documental Integrado deste curso "A radio como ferramenta educativa".
Ademais, desde "Radio Castro. Non calamos", a nosa radio, convocamos un concurso de podcast.
Este Samaín converteuse nunha celebración da diversidade cultural na Biblioteca do Castro Alobre. O equipo de Correspondentes gravou un podcast no que o alumnado de 1º e 2º da ESO compartiu as lendas e tradicións das súas familias, procedentes de lugares tan distintos como Galicia, Arxentina, Venezuela, Uruguai, Bulgaria, Hungría ou da comunidade xitana.