Amosando publicacións coa etiqueta PDI: Palabras en imaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI: Palabras en imaxes. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de xuño de 2022

AS IMAXES DO ABSTRACTO E AS IMAXES DESCOMPOSTAS

As imaxes do abstracto foi a aportación do alumnado de 1º de bacharelato de Volume ao PDI coordinado pola biblioteca.



As imaxes descompostas foi o proxecto do alumnado de 4º ESO de Plástica.


mércores, 8 de xuño de 2022

IMAXE E SON

O alumnado de 2º de bacharelato A, B, C e D da materia Imaxe e Son sumouse ao PDI coordinado pola biblioteca As palabras en imaxes. Este vídeo, creado por Andrea Cortés e Lía Pérez, é un dos produtos finais.

EN QUE ESTARÁN PENSANDO?

A Guerra de Troia é unha historia que atrae ao alumnado de Grego. Este curso as alumnas interpretaron e reinterpretaron os mitos a través dos cadros que nos foron deixando os pintores ao longo da historia. Mitoloxía, lingua, cultura, arte... diferentes disciplinas para formar culturalmente á mocidade. 




martes, 7 de xuño de 2022

VILAGARCÍA, A NOSA CIDADE

O alumnado de 3º PMAR reflexionou e fotografou aquelas cousas que lle gustaban de Vilagarcía e aquelas que non. Foi a súa contribución ao proxecto da biblioteca.

luns, 6 de xuño de 2022

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Un concurso de fotografía, no que puido participar todo o alumnado do centro, foi a temática elixida para o proxecto deste curso.


NOTRE HISTOIRE FAIT DU BRUIT

Notre histoire fait du bruit é o título do proxecto do alumnado de francés (primeira lingua) de 2º ESO.


Así foi a elaboración do proxecto. Elaboraron a historia e...

leron o cómic


En 1º de bacharelato adicaron o proxecto a Encontrar imaxes nas palabras e palabras nas imaxes.


IMAXES PARA ESPERTAR CONCIENCIAS

Foron varios os departamentos que se implicaron no PDI coordinado pola biblioteca, As palabras en imaxes. Chegada a fin de curso, iremos publicitando no blog os proxectos do alumnado.
O equipo da Biblioteca agradece a colaboración do profesorado e fecicita ao alumnado polo seu traballo.
Comezamos co Departamento de Bioloxía que tratou un importante tema, Imaxes para espertar conciencias.

venres, 3 de xuño de 2022

LETRAS NO ALOBRE SOLIDARIAS

Nas Letras no Alobre o alumnado de 1º ESO elaborou uns preciosos marcapáxinas que serviron para recadar fondos para os menores do Corno de África, unha iniciativa de Save the Children que a Biblioteca promoveu no noso centro. Queremos agradecer ao profesorado e ao alumnado implicado a súa colaboración e, por suposto, darlle unhas especiais grazas aos membros da comunidade educativa que foron solidarios e apoiaron este proxecto. Nesta presentación podedes ver unha selección de momentos desta actividade.

mércores, 25 de maio de 2022

PREMIOS RELATA VILAGARCÍA

 Por fin, entregamos os premios do último concurso, Relata Vilagarcía.

Yasmín, Antía, Laura e Aarón (en nome de Iván) recolleron os vales para mercar nunha librería e acompañar esas lecturas cunhas saborosas merendas na cafetería do noso centro. Parabéns!!

martes, 10 de maio de 2022

PREMIOS DE RELATA VILAGARCÍA

Queremos felicitar a todo o alumnado participante polos seus magníficos relatos e, tamén, polas súas fotografías. Pero debemos, antes de dar a coñecer os premios, comentar que algúns relatos foron excluídos por non cumprir as bases no que se refire ao número máximo de palabras, por non ir acompañados dunha foto orixinal, feita pola persoa participante, ou por incumplir as características necesarias para ser considerado microrrelato. Aínda así, tivemos variedade e calidade e agradecemos a participación.

E os premios son...

1º premio: Antía Fresco Romano de 3º ESO B e Yasmín Da Silva Evangelista de 4º ESO D

2º premio: Laura Lago Couto de 2º ESO A

3º premio: Iago Bravo Míguez de 3º ESO B

Lembrade que a entrega de premios será o xoves 19 ás 11,00 h. na biblioteca.


relata vilagarcía de Biblioteca Castro Alobre

venres, 22 de abril de 2022

AS IMAXES DOS LIBROS

Como sabedes, o 23 de abril celebramos o Día do Libro e, coma sempre, queremos recomendarvos lecturas que podedes atopar nos expositores e, por suposto, na biblioteca.

Tamén buscamos algunhas imaxes de actividades destes anos e recordáronnos algúns títulos de libros. A ver que vos parecen. Seguro que vos animades a ler, aínda que non sempre sexan novidades.

Boas lecturas hoxe e sempre!

luns, 18 de abril de 2022

venres, 24 de decembro de 2021

UNHA IMAXE DE CINE

Xa temos os premios do concurso deste primeiro trimestre, Unha imaxe de cine

Categoría de 1º, 2º e 3º da ESO.

1º premio, Carlota Magán. Lume na biblioteca

2º premio, Martiño Pérez. A dama do lume.

3º premio, Tiago Vence. Lume.

 

Na categoría de 4º ESO, bacharelato e ciclo os premios foron para tres alumnas de 2º de bacharelato:

1º Lía Pérez. Lumia.

2º Carla Sánchez. Lume no corazón.

3º Natalia Rey. O lume do inferno