luns, 31 de maio de 2021

ÚLTIMAS XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA

A coordinadora do Club, Raquel, repartiu a última lectura de banda deseñada. Esta vez, intentou personalizar o libro, entregando a cadaquén aquel que pensaba que se asemellaría aos seus gustos. Tamén comentaron as lecturas anteriores.
Podedes atopar máis información nesta ligazón:

venres, 28 de maio de 2021

LETRAS NO ALOBRE

    Celebramos as Letras no Alobre e, por fin, a biblioteca puido expoñer os libros. Ofrecemos ao alumnado algunhas das novidades que non coñecía. Entre os máis prestados, os manga e os de temática LGTBI. Teremos que mercar máis, xa que gustan.

Ademais, houbo outras actividades relacionadas coas letras.
Recital poético
Recital poético

Teatro

Obradoiro de portugués
Obradoiro de tradución

E os murais adicados a Xulio Verne, Arthur Conan Doyle, Xela Arias, Emilia Pardo Bazán e George Orwell.


martes, 18 de maio de 2021

LECTURAS LGTBI

 O 17 de maio é o Día Internacional contra a Homofobia, Bifobia e Transfobia; por iso, quixemos compartir algunhas das lecturas que temos na biblioteca. 

A exposición de libros está no vestíbulo do instituto e, por suposto, podedes solicitalos en préstamo.

venres, 14 de maio de 2021

HOMENAXE A XELA ARIAS

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e, este ano, a autora homenaxeada é Xela Arias, unha das cinco mulleres ás que se lle adicou este día. Ben poucas.

Poesía reunida, Darío a diario ou Intempériome son algúns dos títulos que podedes atopar na biblioteca.

Ademais, queremos compartir o traballo que o Departamento de Lingua Galega fixo co seu alumnado. Podedes ver as fotos dos murais e a presentación Xela no Alobre realizada pola profesora Mónica Rodríguez para 1º de ESO.

Parabéns polo voso traballo e grazas por compartilo.

                   





xoves, 13 de maio de 2021

POEMAS NO POEMAS

Concha Barreiro, profe de Música do noso instituto, vén de publicar un libro de poemas. Xa o podedes pedir prestado na biblioteca. Seguro que vos gustará!

Parabéns, Concha, por este primeiro libro!