xoves, 13 de abril de 2023

APRENDENDO A DEBUXAR

Gústavos debuxar? Pois, pasade pola biblioteca. Temos libros variados que vos poderán ensinar como iniciarvos no mundo do debuxo ou, se xa tedes unhas nocións, como perfeccionar a técnica.

xoves, 30 de marzo de 2023

O MANGA CHEGA AO CLUB

Xuntanza ben interesante a do Club de lectura A Curuxaina. Diferentes lecturas de cada un dos membros coa súa recomendación para invitarmos á lectura de cada unha das opcións. A maioría acertou coa escolla; o manga e a novela gráfica irrumpiron con forza. Coincidiron en comentar o que lles gustaba destes libros: a atracción das imaxes, a lectura áxil, o desenvolvemento rápido da trama.

Algunhas das súas recomendacións foron: Uzumaki de Junji Ito; Hearstoppers de Alice Oseman e Guardianes de la noche de Koyoharu Otoge.

Máis info no blog do Club: https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2023/03/o-manga-chega-con-forza-ao-club.html

xoves, 23 de marzo de 2023

O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA

O último día de Terranova de Manuel Rivas foi o motivo da xuntanza literaria do Club do profesorado. Opinións encontradas sobre esta lectura que nos levou a falar sobre o papel das librerías na sociedade actual. Como boas lectoras, defensa total.
Verémonos na seguinte xuntanza para falar de Las primas de Aurora Venturini.

HELEN KELLER

Un exemplo de superación é o de Helen Keller, escritora, activista e oradora sordocega. Sara, Antón, Carlota, Guillermo e Andrés (4º ESO A) dánnola a coñecer. 

Lectura moi recomendable.

xoves, 9 de marzo de 2023

ORGULLOSA DE SER YO MISMA

Así comeza o lema que 1º ESO C plasmou no cartel para o Día da Muller Traballadora. Na elaboración deste cartel participaron Sabela Toribio, Uxía Bemposta, Iria Baños e Paula Rubianes

O equipo da biblioteca quere felicitar a estas grandes artistas por este magnífico traballo👏👏👏