luns, 5 de maio de 2025

VISITA Á RADIO

O alumnado de Oratoria de 3º ESO, acompañado polas profesoras Marisa e Andrea, visitou, en Vilagarcía, o estudo de Radio Pontevedra da Cadena Ser. Foi unha experiencia moi enriquecedora que, seguro, contribuiu a valorar a importancia deste medio no ensino.

INTERCAMBIANDO LIBROS

 Por segundo ano, intercambiamos libros entre o profesorado e o persoal non docente, ademais de compartir uns deliciosos petiscos. Tivemos moitas visitas e descubrimos grandes lectores e lectoras que frecuentaban pouco a biblioteca. Esperamos que non perdan o hábito!!!

O DETECTIVE FERRUCCI

Non hai mellor día para reunirse que o Día do Libro e isto foi o que fixo o Club de lectura Curuxaina. A tertulia xirou sobre O detective Ferruchi de Marta Villar.

UN LIBRO ESPECIAL

 O Día do Libro tamén aproveitamos para ler algúns fragmentos de A historia interminable de Michael Ende. Un deles foi a chegada da Emperatiz Infantil xunto ao Vello da Montaña errante. E así recreou o alumnado ese lugar.

mércores, 23 de abril de 2025

SOMOS FINALISTAS!

 O Grupo Radio Pontevedra da Cadena Ser, promotor dos premios José Hermida de Radio Escolar, vén de anunciar os finalistas deste concurso. Entre eles está un dos podcast gravado por alumnado do noso centro e dirixido pola profesora Marisa Moreda. A gravación realizouse na recién inaugurada radio ubicada na biblioteca.

Foi unha inmensa alegría recibir esta noticia e, ademais, no Día do Libro, xa que o podcast é unha entrevista a Andrea Nunes a propósito da súa participación no libro Somos pandeireteiras.

Parabéns polo voso traballo!

Podedes ler a noticia completa na seguinte ligazón https://cadenaser.com/galicia/2025/04/23/ya-se-conocen-los-finalistas-de-los-premios-jose-hermida-de-radio-escolar-radio-pontevedra/