Amosando publicacións coa etiqueta Encontro Creadores Castro Alobre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro Creadores Castro Alobre. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2026

CREADORES DO CASTRO ALOBRE

 Hoxe, Día do Libro, tivemos o I Encontro de Creadores do Castro Alobre. Con esta actividade queriamos dar a coñecer a distintos membros da comunidade educativa aos que lles gusta escribir e, nalgún caso, teñen xa libros publicados. 

Neste Encontro puidemos escoitar as experiencias de Noa e Fernando (profes do noso centro), Dânia e Uxía (alumnas de 1º de bacharelato e 2º ESO, respectivamente) e Vero Luna (nai de Isabella, alumna de 2º ESO), que compartiron con nós o seu proceso de creación. Moderada a conversa por Concha, profe xubilada, que segue a inspirar dentro e fóra das aulas e tamén escribe, fomos descubrindo que o proceso creativo non é lineal: está cheo de dúbidas, probas, emocións e tamén moita ilusión.

Falouse de escribir, de crear, e de atreverse e de equivocarse. Pero, sobre todo, falouse de sentir.

Un encontro que nos lembra a importancia de dar voz á creatividade e de aprender  unhas das outras.