xoves, 26 de marzo de 2026

ADIANTE, ESCRITORAS!

 O Día da Muller recomendamos,desde a Biblioteca, libros escritos por mulleres, que son moitos e moi bos. Ademais da selección que aparece no boletín, expuxemos moitos máis nos diversos espazos lectores do noso centro.

mércores, 25 de marzo de 2026

THERIANS

Este podcast foi elaborado polo alumnado de 4º PDC arredor do fenómeno Therian, entendido como punto de partida para reflexionar sobre o respecto á diversidade, ás distintas identidades e ás diferentes maneiras de sentir e entender o mundo.

Parabéns a Madeleine, Kevin, Paola, Carlos e Aron. 

venres, 13 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Paula e Rocío, alumnas de Oratoria de 3º ESO E, gravaron un podcast para darmos a coñecer a visión de catro profesoras, de diferentes xeracións, sobre as súas carreiras científicas: Matemáticas, Bioloxía e Física e Química.

LIBROS CON NOME DE MULLER

Para conmemorar o 8 de marzo, recomendamos Libros con nome de muller. Esta é unha selección da exposición que podedes atopar na biblioteca.

luns, 2 de marzo de 2026

POESÍA

 O Equipo da Biblioteca xa está pensando no Día da Poesía e en como podedes dar renda solta a vosa creatividade. Sabemos que hai moito talento poético entre o noso alumnado, así que só tedes que animarvos a concursar.

ROSALÍA EN RADIO CASTRO

No Día de Rosalía, Paula e Rocío -alumnas de Oratoria que forman parte do Equipo de Correspondentes- puxéronse ante os micros de "Non calamos. Radio Castro" para ler o manifesto da AELG escrito por Eva Veiga. Animámosvos a escoitar porque, como Rosalía, nós tampouco nos resignamos. "Con ela queremos loitar contra o patriarcado, contra a trata de seres humanos, contra o autoritarismo, contra todas as inxustizas e a prol dunha humanidade responsable que coida da infancia e da educación humanista, aberta ao outro, ao diferente, capaz de mostrar empatía e colaboración".

DÍA DE ROSALÍA

 O Día de Rosalía conmemorouse cunha preciosa exposición. Normalización lingüística promoveu "Todas as Rosalías posibles" para que o alumnado desenvolvese a súa creatividade. Cadaquén viu a Rosalía dunha maneira diferente, como cadaquén sente a súa poesía. Esta exposición acompañouse cos libros de e sobre Rosalía que temos na Biblioteca.