Amosando publicacións coa etiqueta PDI: "A radio". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI: "A radio". Amosar todas as publicacións

martes, 1 de setembro de 2026

ANTÍA MUÍÑO

   O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego.

Episodio 4. Amanda e Valentina preséntannos a característica voz da compositora Antía Muíño.

9LOURO

   O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego.

Episodio 4. Málika e Noa escolleron ao muradán 9Louro e coméntannos o que senten coa súa canción Fíos.

xoves, 13 de agosto de 2026

LIL SAM

  O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego.

Episodio 3. Nayara, Mar e Icía preséntannos os ritmos de reggaeton e trap en A100 de Lil Sam.

LG1DO

 O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego.
Episodio 2. Diego, Rocío, Lucía, Carolina e Enma analizan un dos fenómenos musicais do momento: Lg1do.


xoves, 16 de xullo de 2026

FILLAS DE CASSANDRA

O pódcast Musicacastro.gal naceu este curso en 2º ESO nas materias de Lingua galega e Literatura e Música. Grazas a este proxecto, puidemos descubrir distintos grupos e estilos da música en galego que queriamos dar a coñecer. Cada episodio está dedicado a un artista diferente para coñecer de preto as voces, as letras e os ritmos que están a marcar o panorama musical galego. Episodio 1. Vega e Cata fálannos de Fillas de Cassandra e a súa canción Tataravoa.

mércores, 1 de xullo de 2026

ENTREVISTAS EN RADIO CASTRO

Neste podcast realizado polo alumnado de PDC podedes escoitar dúas entrevistas moi interesnates e divertidas sobre dous temas de actualidade. Unha sobre os Therians, temos en exclusiva un que nos conta como é a súa vida; e a outra charla é sobre a nosa biblioteca, que nos gusta dela e que podemos cambiar para mellorala.
Esperemos que vos gusten!

luns, 8 de xuño de 2026

PENÉLOPE E CIRCE

Penélope e Circe son dúas mulleres da mitoloxía grega. Un grupo de estudantes de Grego fixeron un podcast con ton humorístico, contando a historia destas dúas mulleres e vencellándoa ao libro de Begoña Caamaño Circe ou o pracer do azul

mércores, 3 de xuño de 2026

ERASMUS+ NAS AçORES

No marco da mobilidade Erasmus+ coas Açores, entrevistamos a Beatriz, profesora da Escola Secundária Domingos Rebelo, quen nos explicou a traxectoria e a importancia deste proxecto europeo no seu centro educativo. 
A continuación, as verdadeiras protagonistas desta experiencia, as alumnas participantes no intercambio, compartiron o seu testemuño. Explicaron como foi o proceso de selección para formar parte da mobilidade, falaron da experiencia de acoller nas súas casas e relataron as vivencias e aprendizaxes adquiridas durante a súa estadía na Galiza. A entrevista foi conducida por Ainara, alumna de 4º da ESO e participante nesta mobilidade como acolledora dunha estudante açorianas. 
Para terminar, Ainara convidou as alumnas a animar outros mozos e mozas a participar nos proxectos Erasmus+, destacando as oportunidades que os intercambios ofrecen. Esta experiencia puxo de manifesto, unha vez máis, como o galego pode actuar como unha valiosa ponte de comunicación coa lusofonía, facilitando o encontro entre culturas e fortalecendo os lazos entre Galiza e os territorios de fala portuguesa.

luns, 25 de maio de 2026

I'M OBÉLIX

 Antón, Joel, Manuel e Dani déronlle vida neste podcast aos personaxes de I'm Obélix de Raquel Fernández.

martes, 19 de maio de 2026

DIARIO CULTURAL

 O luns celebramos o Día das Letras Galegas con actividades variadas nas que participou o alumnado dos diferentes cursos. Organizado por Normalización Lingüística, unha olimpiada cultural sobre Begoña Caamaño puxo a proba os coñecementos que sobre esta escritora tiñan alumnas e alumnos.

Un grupiño de estudantes de 2º ESO interpretou a obra de teatro "Asamblea xeral". Despois, o Diario cultural con Xián Pais achegou as inquietudes musicais deste rapero de Muros á rapazada de 3º, 4º ESO e de bacharelato. Esta entrevista gravouse para a radio escolar. Para iso, tivemos que trasladar a radio ao Salón de actos que, momentáneamente, se convertiu nun estudo de gravación.

    

luns, 11 de maio de 2026

A RADIO EN GALICIA


 O alumnado de 4º ESO sumouse ao PDI na materia de Lingua e Literatura galega investigando sobre diferentes temas como "Fitos da historia da radio", pero tamén sobre a radio en Galicia. Despois de traballar coa información, tiveron que presentala na clase a través dunha infografía. Algúns dos temas tratados sobre a radio en Galicia foron:

- A primeira emisión radiofónica de Galicia (19 de dedcembro de 1932).

- Unión Radio Galicia no convento de San Domingos de Bonaval (1933).

- O vello dos contos, Xosé Mosquera Pérez, primeira estrela mediática galega.

- As emisións galegas en América: Recordando a Galicia, Sempre en Galicia, A hora de Galicia, La Voz de Galicia ou Galicia emigrante.

- O Galician Programme da BBC a partir de 1947.

- Elektra Sonne: as antenas de Hitler en Lugo.

- Da terra e dos tempos, programa da agrupación cultural O Facho (A Coruña).

- Radio As Mariñas: a primeira emisora municipal en galego (Oleiros, 25 de xullo de 1980).

- As retransmisións do fútbol en galego: primeira retransmisión do celta en 1983.

- O inicio da Radio Galega (24 de febreiro de 1985).

- As radios comunitarias en Galicia: radio Filispim, Radio Piratona, Radio Kalimera, radio Clavi, Radio Roncudo ou Cuac FM.

domingo, 10 de maio de 2026

MOCIDADE E VOLUNTARIADO

 No Día da Cruz Vermella compartimos o podcast "Mocidade vermella" realizado por voluntarias do Castro Alobre. Nel entrevistan a Siara, unha traballadora da Cruz Vermella de Pontevedra e animan á mocidade a realizar voluntariado.

xoves, 23 de abril de 2026

O CABELO É POLÍTICA

Elisa May, estudante de 3º ESO, fálanos neste podcast da importancia que ten o cabelo para as mulleres e o que representa na arte, literatura, cultura pop...

mércores, 15 de abril de 2026

FÓRA DE FOCO

 Valentina, alumna de 1º ESO B, fixo un podcast sobre os estándares de beleza, tanto na vida cotiá coma nas redes sociais e como afectan a nosa sociedade de hoxe en día. con este podcast participou no concurso convocado pola biblioteca.

luns, 13 de abril de 2026

CULTURA XITANA

Para celebrar a semana do pobo xitano, en "Non calamos. Radio Castro" estivemos a conversar co alumnado xitano sobre algunhas características da súa cultura.

No podcast que vos ofrecemos a continuación, catro rapazas falan de como funciona o pedimento e o o casamento na súa cultura.

mércores, 25 de marzo de 2026

THERIANS

Este podcast foi elaborado polo alumnado de 4º PDC arredor do fenómeno Therian, entendido como punto de partida para reflexionar sobre o respecto á diversidade, ás distintas identidades e ás diferentes maneiras de sentir e entender o mundo.

Parabéns a Madeleine, Kevin, Paola, Carlos e Aron. 

venres, 13 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Paula e Rocío, alumnas de Oratoria de 3º ESO E, gravaron un podcast para darmos a coñecer a visión de catro profesoras, de diferentes xeracións, sobre as súas carreiras científicas: Matemáticas, Bioloxía e Física e Química.

luns, 2 de marzo de 2026

ROSALÍA EN RADIO CASTRO

No Día de Rosalía, Paula e Rocío -alumnas de Oratoria que forman parte do Equipo de Correspondentes- puxéronse ante os micros de "Non calamos. Radio Castro" para ler o manifesto da AELG escrito por Eva Veiga. Animámosvos a escoitar porque, como Rosalía, nós tampouco nos resignamos. "Con ela queremos loitar contra o patriarcado, contra a trata de seres humanos, contra o autoritarismo, contra todas as inxustizas e a prol dunha humanidade responsable que coida da infancia e da educación humanista, aberta ao outro, ao diferente, capaz de mostrar empatía e colaboración".

xoves, 12 de febreiro de 2026

A RADIO

 O 13 de febreiro é o Día Internacional da Radio; por iso, queremos fomentar este medio de comunicación e convidarvos a participar no Proxecto Documental Integrado deste curso "A radio como ferramenta educativa".

Ademais, desde "Radio Castro. Non calamos", a nosa radio, convocamos un concurso de podcast.

Esperamos que haxa moita participación!

mércores, 19 de novembro de 2025

ESPECIAL SAMAÍN

E xa temos un novo podcast o Especial Samaín.

Este Samaín converteuse nunha celebración da diversidade cultural na Biblioteca do Castro Alobre. O equipo de Correspondentes gravou un podcast no que o alumnado de 1º e 2º da ESO compartiu as lendas e tradicións das súas familias, procedentes de lugares tan distintos como Galicia, Arxentina, Venezuela, Uruguai, Bulgaria, Hungría ou da comunidade xitana.