venres, 23 de abril de 2021
INSTRUCIÓNS PARA LER CORRECTAMENTE
O NIÑO DA CURUXA RECOMENDA
O alumnado do Club de lectura O niño da curuxa fixo a súa aportación en prol da lectura recomendando os seus libros preferidos.
Podedes ler a información completa nesta ligazón
http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/04/o-club-festexa-o-dia-do-libro.html
Feliz Día do Libro e boas lecturas!
xoves, 22 de abril de 2021
mércores, 21 de abril de 2021
O CLUB SEGUE A SÚA ANDAINA
O venres, 16 de abril, foi a primeira xuntanza do terceiro trimestre do club de lectura “Curuxaina". Comentaron as dúas lecturas: Vampira de blibloteca de Ledicia Costas e 22 segundos de Eva Mejuto.
Ademais, fixeron unha actividade pensando xa no Día do Libro. Máis info nesta ligazón:
http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/04/seguimos-andaina.html
mércores, 31 de marzo de 2021
ARTUR PASTORIZA CO NIÑO DA CURUXA
Pechamos trimestre cunha xornada moi especial no Club de lectura O niño da curuxa que, ademais, nos serviu para conmemorar o Día da poesía. Artur Pastoriza, un gran coñecedor da cultura tradicional galega, explicounos a relación entre música e poesía tradicional e animounos a crear coplas populares que acabamos interpretando.
Máis info nesta ligazón http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/03/artur-pastoriza.html



