mércores, 2 de marzo de 2016

TARANTINO, JACKSON E MORRICONE, COMBINACIÓN QUE GARANTE O ÉXITO!


Con The Hateful Eight Tarantino volve facer as delicias do seu público incondicional, sempre fiel ao seu estilo e conservando as marcas da casa, como son, entre outras, o macabro sentido do humor, os litros e litros de sangue, un entramado argumento cheo de xiros inesperados e, por suposto, as colaboracións do compositor de moitas das súas películas, Ennio Morricone e do seu inseparable actor fetiche, Samuel L. Jackson.

O músico italiano xa fora un acerto nas dúas entregas de Kill Bill e Django unchained, máis recente. Este compositor foi famoso nas décadas dos 60, 70 e 80 polos espaguetti western (aínda que con outros xéneros, cuxas bandas sonoras serán lembradas como obras mestras, entre elas a da Misión), caera no esquecemento, xunto co xénero principal para o que compoñía. A participación nas bandas sonoras de Kill Bill volveuno situar na alta escena cinematográfica. Froito da nova combinación, Morricone gañou o seu primeiro Oscar, despois de varias nominacións e aos 87 anos de idade, o cal merece mención especial, tendo en conta as poucas nominacións dos filmes de Tarantino, a pesares das sús boas críticas. Este ano a nominación foi dobre, xa que a conseguir tamén a actriz Jennifer Jason Leigh na súa primeira participación co director, inicio do qu e desexablemente pode ser unha 'bonita amizade'.

Se sodes seguidores/as de Tarantino, seguro que a disfrutastes, e se vos gusta o bo cine tamén, pero se aínda non o fixestes, xa tendes unha tarefa pendente!

Mariola Rodríguez González.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario