martes, 1 de outubro de 2019

MOMENTOS DE LECTURA

Aínda que con un pouco de retraso, despois do período estival e o inicio de curso,  retomamos o blog para poñervos ao día das nosas actividades lectoras.

Comezamos co Club de lectura do alumnado que este xoves no recreo terá a súa primeira reunión coa coordinadora Lourdes Acuña. Animo a todos os lectores e lectoras a asistir a esta xuntanza para planificar as lecturas.

Tamén está quentando motores A Curuxa sabia, o club de lectura do profesorado. Segue como coordinadora a infatigable e entusiasta Esther Torres e teremos novas incorporacións. Xa se está planificando a xuntanza para comentar este libro.


E como de ler se trata, iniciaremos o luns 7 de outubro a Hora de Ler co seguinte calendario.


Ningún comentario:

Publicar un comentario