xoves, 19 de outubro de 2023

RADIO NA BIBLIO

 Este curso a Biblioteca solicitou a integración no programa Radio na Biblio. Esperemos que nolo concedan, porque queremos apoiar ao Proxecto Competencial de 3º ESO, dirixido pola profesora Marisa de Lingua galega.

A nosa colaboración está asegurada e iremos integrando alumnado voluntario para participar nos programas. Polo de pronto, convocouse un concurso para buscarlle un nome á radio.

O concurso, que terá como premio 10 euros para gastar na cafetería e a honra de ser o/a autor/a do nome da Radio, estrutúrase en tres fases:

Fase 1: Propostas de nomes (desde o 10 ao 19 de outubro). Poderase participar a través de tres vías:

            -Deixando a túa proposta no buzón colocado na biblioteca.

            - Enviando unha DM ao Instagram de @galegocastroalobre

            - Entregándollo ao alumnado de Proxecto Competencial que pasará polas aulas no día 19 de outubro.

Fase 2: Selección dos 10 mellores nomes

- Realizará esta selección o alumnado de Proxecto Competencial de 2º da ESO.

Fase 3: Escolla do nome da Radio.

Tamén buscamos un logo para a radio. Lede en a convocatoria do concurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario