domingo, 8 de novembro de 2026

CIENCIA EN FEMININO NA NOSA BIBLIOTECA

 O alumnado de 2ºESO descobre a ciencia en feminino coa USC

    O venres 6 de novembro, as aulas e a Biblioteca do noso instituto acolleron un obradoiro de xogo moi especial, organizado polo Departamento de Matemáticas. A actividade, dirixida ao alumnado de 2ºESO, foi impartida por Fátima e Kamil, dúas estudantes do Grao de Matemáticas da USC.

    A través do xogo e en equipo, o alumnado descubríu a vida de cinco científicas históricas, o que o levou a aprender e a reflexionar sobre os retos aos que se enfrontaron as mulleres por facer ciencia en feminino. Ademais, esta iniciativa abre a porta a que o estudantado poida conectar e formularlle as súas dúbidas a matemáticas actuais.

    Unha xornada diferente para aprender ciencia en equipo e con perspectiva de xénero.     Grazas a Fátima e Kamil pola súa visita!


Con esta actividade empezamos as conmemoracións de:

  Novembro, mes da ciencia en galego!


venres, 30 de outubro de 2026

CELEBRAMOS SAMAÍN NA BIBLIOTECA!


 Este venres no recreo tivemos unha gran festa na biblioteca, un grupo de cuarto deu un pequeno concerto co profe de música Ismael e despois fixemos a entrega de premios aos dous concursos que tivemos este mes: "PORTADAS TOLAS"o concurso para 1º de ESO, os traballos presentados foros tan bos que todos tiveron premio . Parabéns! Aqui redes algunhas das portadas: 




    O concurso de Tumbas e Epitafios  tivo un gran  éxito, e foi moi complicado escoller as gañadoras... había epitafios divertidos e tamén arrepiantes e tumbas que eran verdadeiras obras de arte... Temos grandes artistas no noso centro.


E aquí redes vídeo feito pola profe Marisa que resume toda esta celebración.





xoves, 29 de outubro de 2026

TEMOS PANTASMAS NA BIBLIOTECA !

 As fantasmas da Biblioteca estiveron moi atarefadas escollando as mellares tumbas e epitafios do noso concurso... foi unha decisión moi  complicada ;-) 




venres, 23 de outubro de 2026

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS


    
Como cada curso o alumnado de 1º de ESO pasou pola biblioteca para saber como funciona e ver todo o que podemos facer nela. Viñeron con Ana e Carlos de lengua Castelá e despois de ver unha pequena presentación buscaron os erros que tiñan unhas portadas moi tolas creadas para a ocasión por Fernado o profe de Física e Química que pertence ao equipo da biblioteca. Que ben o pasaron descubriendo as interferencias entre 


Para finalizar a formación de usuarios e usuarias o equipo de Biblioteca organizou un concurso para crear "Portadas tolas" entre o alumnado de 1º de ESO...Anímate a participar e gaña merendas na nosa cafetearía!!




luns, 19 de outubro de 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS 2026

  

"As amigas como forma de liberdade"


    Celebramos o día das escritoras cunha pequena exposición de lecturas feitas por mulleres moi diferentes, pero que teñen en común a importancia que ten a amistade nas súas obras. Paula Carballeira, María Solar, Xulia Pisón, Emilia Parado Bazán... todas están na noa biblioteca para que poidades achegarvos a súas obras. 


                                                 
    
    Ademais un grupo de alumnado de 1º da ESO gravou un vídeo que mostra a biblioteca como un lugar de encontro, de acubillo, de risas,  de liberdade...no que podemos desfrutar de lecturas coas amigas e amigos...