COSAS QUE LOS NIETOS DEBERÍAN SABER
Na última reunión do Club de Lectura de profesorado debatimos sobre o libro "Cosas que los nietos deberían saber", de Mark Oliver Everett, cantante e líder do grupo musical The Eels.
Todos estivemos de acordo en que o autor se desnuda nesta historia, na que nos relata a súa vida e vicisitudes sen filtros nen xuízos; abríndonos as portas da súa familia disfuncional, das traxedias que marcaron a súa vida e da súas propias incoherencias. O relato navega entre os dous elementos máis universais que poderían definir calquera historia: o caos e a búsqueda da orde, a rotura ou fraxilidade e a esperanza. Everett retrátanos os seus sentimentos de forma precisa, simple e contundente, con esa mesma contundencia coa que, o vai golpeando o destino ó longo da súa vida.
Alguén suxeriu que podemos atopar algún elemento de esperanza e, incluso, de autoaxuda no relato; pois o protagonista aférrase á música e logra entender, algo que non sempre é doado, cales son os camiños, estreitos, que a vida lle deixa para poder avanzar. E aquí é onde radica a forza do libro.
Non obstante, tamén convimos en que se o que se está a procurar é unha lectura sesuda e con elaborado valor literario, quizais esta historia non sería a mellor opción.
O mellor veu despois, cando tocamos a guitarra e cantamos algunhas das cancións dos Eels. Aquí foi, quizá, cando mellor entendemos o libro!