O xoves 26 de maio retomamos a celebración das Letras no Alobre, un día diferente con moitas actividades culturais. Houbo obradoiros de teatro, de percusión, xincanas literarias, recitais poéticos, murais literarios... E marcapáxinas solidarios.
luns, 30 de maio de 2022
mércores, 25 de maio de 2022
MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE
O xoves 26 de maio celebramos o Día das Letras no Alobre. A biblioteca recadará fondos para os menores do Corno de África, en colaboración coa ONG Save the Children. Poderase doar a cantidade que se estime oportuna a cambio dun marcapáxinas que deseñará o alumnado de 1º ESO, unha das actividades que se celebrarán ao longo de toda a mañá. Os marcapáxinas estarán no posto de préstamo de libros que poremos no patio.
Esperamos a vosa axuda!!
PREMIOS RELATA VILAGARCÍA
Por fin, entregamos os premios do último concurso, Relata Vilagarcía.
Yasmín, Antía, Laura e Aarón (en nome de Iván) recolleron os vales para mercar nunha librería e acompañar esas lecturas cunhas saborosas merendas na cafetería do noso centro. Parabéns!!
xoves, 19 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
Este ano as Letras galegas están adicadas a Florencio Delgado Gurriarán e, coma todos os anos, promovemos, desde a biblioteca, que se dea a coñecer a este escritor. Nada mellor para iso que visitar a web As leras de Florencio onde podedes atopar moita e moi interesante información. Clicade aquí 👉
Ademais, expuxemos no vestíbulo e na biblioteca libros en galego para animar a súa lectura.venres, 13 de maio de 2022
LECTURAS AO AIRE LIBRE
Este xoves o Club de lectura foi a Santiago. Alí visitou a Biblioteca, a exposición do Surrealismo e, ademais doutras actividades, leu fragmentos de libros que cada membro do club levaba para compartir.
Polo que nos comentaron foi unha mañá moi especial.
Máis info no blog do Club http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2022/05/saimos-ler.html
martes, 10 de maio de 2022
PREMIOS DE RELATA VILAGARCÍA
Queremos felicitar a todo o alumnado participante polos seus magníficos relatos e, tamén, polas súas fotografías. Pero debemos, antes de dar a coñecer os premios, comentar que algúns relatos foron excluídos por non cumprir as bases no que se refire ao número máximo de palabras, por non ir acompañados dunha foto orixinal, feita pola persoa participante, ou por incumplir as características necesarias para ser considerado microrrelato. Aínda así, tivemos variedade e calidade e agradecemos a participación.
E os premios son...
1º premio: Antía Fresco Romano de 3º ESO B e Yasmín Da Silva Evangelista de 4º ESO D
2º premio: Laura Lago Couto de 2º ESO A
3º premio: Iago Bravo Míguez de 3º ESO B
Lembrade que a entrega de premios será o xoves 19 ás 11,00 h. na biblioteca.
domingo, 8 de maio de 2022
HOYOS, UNHA BOA LECTURA
E coma sempre, tedes máis información e máis fotos no blog do Club. Clicade aquí