xoves, 22 de decembro de 2022
ÁRBORE LITERARIA DE NADAL
CANDO DEBUXAMOS AS LECTURAS
ENTREGA DE PREMIOS
Custounos un pouco entregar os premios do concurso "Imaxinando un novo It" pero, finalmente, conseguímolo. Coincidiu con época de exames e foinos imposible reunir ao alumnado premiado. Estes son os marabillosos debuxos.
Parabéns!!!
Categoría A (1º, 2º e 3º ESO)
1º premio. Victoria Tabata (3º D)
2º premio. Gabriel Carbone (1º B)
3º premio. Kevin Andrés e Madeleine Naranjo (2º E)
Categoría B (4º ESO, 1º e 2ª bac.)
1º premio. Yara Tristán (4º B)
2º premio. Elena Martínez (1º A)
3º premio. Bruno Seco (4º C)
SEN LÍMITES
mércores, 21 de decembro de 2022
AS FAMILIAS TAMÉN IMPORTAN
No Día Internacional das Persoas con Discapacidade a biblioteca escolar recomenda lecturas para as familias.
martes, 6 de decembro de 2022
CHEGA O NADAL
Chega decembro e con el o Nadal. O Club do alumnado axudounos a poñer a árbore que esperamos conertir nunha árbore "literaria" con recomendacións lectoras.
luns, 28 de novembro de 2022
25N
Relato gañador de Xabi Costas (3º ESO B)
xoves, 24 de novembro de 2022
mércores, 23 de novembro de 2022
CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Rematando o mes da Ciencia en galego, tamén está a piques de rematar ese pequeno concurso "científico". Nos libros, como ben sabe o noso alumnado, están as respostas. Unha boa maneira de amosar libros divulgativos de temas realmente interesantes e de actualidade.
venres, 18 de novembro de 2022
A CASA DE FORMOSO
A casa de Formoso de Héctor Cajaraville foi a lectura compartida na xuntanza do Club O niño da Curuxa.
Despois, sorpresa de terror. Que lectura lles tocaría? Isto só é un avance.Máis info aquí.
luns, 7 de novembro de 2022
UNHA BOA CONTADORA DE CONTOS
Contounos contos que nos fixeron rir (lembramos ese gato xuguetón) e deulles pautas a seguir para contar ben as historias. Agora lle toca a Marisa, a súa profesora, poñer en práctica estas ensinanzas e a ver se recollemos o froito. Ese concursiño que está ás portas!
IMAXINANDO UN NOVO IT
Chegou o primeiro concurso. Un concurso de medo. Tedes que imaxinar un monstro e debuxalo. Un "novo It" terrorífico. Lede ben as bases e participade. Hai premios!!!🍠🍠🍠
LECTURAS TERRORÍFICAS
SEGUIMOS COA FORMACIÓN
Seguimos coa formación de usuarios e usuarias. Esta vez foi a quenda de 1º ESO E. Tamén este alumnado atopou os libros que levaban a adiviñar o nome do PDI deste curso. Parabéns!!