venres, 23 de abril de 2021

INSTRUCIÓNS PARA LER CORRECTAMENTE

Como hoxe é o Día do Libro, queremos achegarvos unhas instrucións que debemos ter en conta para ler correctamente. Unha vez escollida a lectura apropiada, tamén é importante seguir unha serie de pautas para que sexa completamente satisfactoria e que poidamos disfrutar realmente desas marabillosas historias que conteñen os libros.
É o alumnado de 1º de ESO B e E o encargado de facer estas recomendacións. Mirade estes vídeos e xa veredes como vos poderedes transportar a eses fantásticos mundos.
Agradecemos estas propostas creativas das alumnas e alumnos para mellorar a capacidade lectora nun día tan importante para as bibliotecas coma este.
Ademais, na seguinte ligazón podedes ver as nosas recomendacións lectoras http://bibliocastroalobre.blogspot.com/2021/04/dia-do-libro.html
.






O NIÑO DA CURUXA RECOMENDA

O alumnado do Club de lectura O niño da curuxa fixo a súa aportación en prol da lectura recomendando os seus libros preferidos.

Podedes ler a información completa nesta ligazón 

http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/04/o-club-festexa-o-dia-do-libro.html

Feliz Día do Libro e boas lecturas!


mércores, 21 de abril de 2021

O CLUB SEGUE A SÚA ANDAINA

O venres, 16 de abril, foi a primeira xuntanza do terceiro trimestre do club de lectura “Curuxaina". Comentaron as dúas lecturas: Vampira de blibloteca de Ledicia Costas e 22 segundos de Eva Mejuto.

Ademais, fixeron unha actividade pensando xa no Día do Libro. Máis info nesta ligazón:

 http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/04/seguimos-andaina.html