O pasado mércores 31 de novembro, o
Club de Lectura do profesorado reuniuse para comentar “A crueldade de abril”, de Diego Ameixeiras. Todos estivemos
de acordo en suliñar a capacidade do autor por describir e afondar nas tebras
sociolóxicas e psicolóxicas da realidade. Os seus personaxes, escuros e tráxicos, non deixan ningún recanto
de acougo dentro da trama. A dor impregna casi todo o relato, deixando que se
filtre moi pouca luz.
O
ritmo narrativo estrutúrase en capítulos breves, “disparos” cheos de negrura
que adoitan rematar fronte a un abismo de desacougo. Alguén comentou que o
autor escribe guións de cine, e perfectamente entendimos a súa tendencia por
cabalgar de imaxe en imaxe de forma rápida e fluida, a axilidade, a síntese
estilística.
O
tratamento do sexo, instintivo, puramente naturalista e urbano, é perfectamente
coherente cos personaxes. Algún percibiu, non obstante, certas incoherencias
formais que poderían debilitar á obra no seu conxunto: En primeiro lugar, os
diálogos son, as veces, demasiado cultos e complexos para que o tipo de persoas
que se están a describir. Ademais, o
remate da trama é un pouco simplón é acelerado. Recurre a un tópico que utiliza
dentro da historia sin demasiada xustificación; facendo que a historia perda
relevo. Falta afondar no porqué de tanta violencia, non chega con describila;
parecería que faltase unha peza esencial no corazón mesmo da obra.
Para
o seguinte encontro, propusimos “Cosas
que los nietos deberían saber”, de Mark Oliver Everett. A ver que tal!!