Xa temos os premios do concurso deste primeiro trimestre, Unha imaxe de cine.
Categoría de 1º, 2º e 3º da ESO.
1º premio, Carlota Magán. Lume na biblioteca
2º premio, Martiño Pérez. A dama do lume.
3º premio, Tiago Vence. Lume.
Os últimos días de clase temos a recomendación lectora de Antonio Fernández, profe de galego, Paloma García, profe de música, e de Pili, quen cada día cun sorriso acolle a profesorado e alumnado na cafetería do centro.
Aínda que con un pouco de retraso, non queremos deixar de divulgar a proposta da biblioteca para conmemorar o Día das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e o Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro).
Vidas Minadas é un libro de Gervasio Sánchez. A través da fotografía e de pequenos textos, este xornalista de conflitos de guerra dá a coñecer a persoas de Afganistán, Camboya, Angola... vítimas das minas antipersoas. Un libro realmente recomendable para traballar non só nas titorías, senón tamén en calquera materia.
Hoxe visitounos Héctor Cajaraville para falar co alumnado de 1º ESO de Denébola a roxa. Tamén fixo un oco para asinar libros do alumnado do Club de lectura e o libro da biblioteca. Grazas Héctor!
Agardamos que no Nadal percorran eses itinerarios lectores e continúen enchendo a súa mochila de grandes ilusións e experiencias.
Bo Nadal familia Curuxaina!! 🎄🎄🎄
Máis info http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/12/despedindo-o-ano.htmlChega o turno de Lía Pérez González (2º bacharelato A) e Luis Quinteiro, profe de Educación Física.
Comentarvos que as recomendacións dos compañeiros e compañeiras están a chegar á biblioteca. Irémolas poñendo no expositor do vestíbulo. Se vos apetece coller algún dos libros para o Nadal, ide á biblioteca para solicitar o seu préstamo.
Recomendacións lectoras do venres día dez de decembro a cargo de Aroa Rodríguez (4 ESO B) e Pablo Villanueva, profe de Plástica.
E estas son as recomendacións lectoras de Natalia Rey Loroño (2 bacharelato A) e Marisa Moreda, profe de Lingua galega.
O venres Nicolás Lafuente Henao, alumno de 4º ESO B, e María, do persoal non docente, animáronse a recomendarnos unhas lecturas.
Carlota Magán, alumna de 3º ESO A, e Carlos Guerreira, profe de Ligua castelá, fan as súas recomendacións lectoras.
Unha nova viaxe do Club de lectura. A rapazada comentou as lecturas e sinalou os lugares nas que se situaban. Que país pensades que foi o gañador? Podedes ver máis infi clicando aquí.
Recordamos a convocatoria do concurso deste trimestre, Unha imaxe de cine.
Animádevos a participar!!!! Aínda hai tempo.