mércores, 16 de xuño de 2021

LENDO LIBROS

Nada mellor para rematar o curso que os libros recomendados polo alumnado. Escoitade estes fragmentos lidos por David, Pepe, Catalina, Rubén, Virginia, Sofía, Alba, Julia e Sergio de 1º ESO B, sempre con boa disposición para colaborar nas actividades.









xoves, 10 de xuño de 2021

INCULTURA

Incultura é o diagnóstico de Acacio Robledal cando se atopa con "La biblioteca de los libros vacíos". Este libro de Jordi Sierra i Fabra amosa a importancia que ten ler e pon a esperanza na xuventude. 

Este é un exemplo dos estupendos collages elaborados polo alumnado de 1º ESO B e E.

Moitas grazas a todos e todas polo voso esforzo ao longo deste curso diferente e, tamén, en certo sentido, cos libros vacíos. 

martes, 1 de xuño de 2021