Parabéns polo voso traballo!
luns, 18 de decembro de 2023
DEREITOS HUMANOS
Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, o alumnado de 3º PDC elaborou un mural para dar a coñecer o traballo da Unión Europea en prol dos dereitos das persoas.
CLUB DE LECTURA
Facemos reconto das últimas reunións do club, deixando as ligazóns ao blog Curuxaina onde podedes atopar máis detalles e máis fotos dos nosos encontros.
Palabras con-Ciencia falou de Amigos robots, unha xuntanza que xerou moitos comentarios e moitas preguntas. Realmente animada!
Para máis info clicade aquí.
Aire negro e As mans do medo foron as lecturas comentadas entre o alumnado de 3º, 4º e 1º de bacharelato. Coma sempre, opinións moi enriquecedoras (máis info aquí).
A Curuxa sabia reuniuse arredor de Reencuentro. Que bo momento! (máis info aquí).
E agora xa estamos coas seguintes lecturas: Los jjuegos del hambre, El curioso incidente del perro a medianoche y Ninguén contará a verdade.
martes, 5 de decembro de 2023
ENTREGA DE PREMIOS
Entregamos os premios ao alumnado gañador dos Relatos de Terror. Gabriel e Xiana de 1º ESO, Xiana de 2º ESO, Antía de 4º e Elena de 2º de bacharelato pasaron pola biblioteca para recoller un vale agasallo para unha tenda de cómics.
Parabéns para todo o alumnado participante. Houbo un nivel moi alto que nos serviu para coñecer a grandes escritores e escritoras.👏👏👏
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)