domingo, 29 de outubro de 2017
sábado, 28 de outubro de 2017
OUTRAS MORTES
Chegado o Día de Defuntos, parece axeitado facer un pequeno percorrido por outras culturas para coñecer como se enfrentan á morte.
Adicamos un apartado especial ao Día de Defuntos en México.
venres, 27 de outubro de 2017
CONCURSO "CONTA A LENDA..."
Comezamos proxecto e comezamos concurso. Xa sabedes que este ano imos traballar o tema "Rescatando culturas". Queremos darvos a coñecer a diversidade de pobos ao longo de todo o mundo, para que valoredes e repectedes estas culturas.
Propoñémosvos que fagades un relato, tomando como punto de partida unhas imaxes relacionadas co proxecto. A historia podedes inventala. Oxalá espertemos a vosa curiosidade e investiguedes o pobo da imaxe que escollades.
venres, 20 de outubro de 2017
DÍA DA BIBLIOTECA
O
24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Este curso queremos darvos a coñecer distintos proxectos, postos en
marcha por persoas particulares ou asociacións, ao longo de todo o mundo.
Todas as persoas implicadas neles apoian a creación de bibliotecas e pasean libros, realmente viaxeiros. O
obxectivo: fomentar a lectura en lugares de difícil acceso ou en barrios con
dificultades para acceder a eles. Son as bibliotecas ambulantes e o noso proxecto Aprendendo cos libros. Paséate pola biblioteca.
luns, 2 de outubro de 2017
RESCATANDO CULTURAS
Despois do descanso do verán e das tarefas organizativas de principio de curso, retomamos o blog como canle de comunicación con todos e todas vós, esperando a colaboración de toda a comunidade educativa.
Xa sabedes que a vosa participación e as vosas aportacións son imprescindibles para que este proxecto siga adiante. Son moitas as ideas ás que lle estamos dando forma e que, pouco a pouco, irán vendo a luz. De momento, queremos presentarvos o Proxecto Documental Integrado que coordinará a biblioteca este curso: Rescatando Culturas. Comezamos a nosa viaxe co obxectivo de coñecer, visibilizar e defender eses pobos que, non por lonxanos, deben quedar no esquecemento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)