luns, 24 de xuño de 2024

A FORZA DOS BICOS EN MÚSICA

 O departamento de Música tamén se implicou no PDI co alumnado de 4º ESO.

- Actividade desenvolvida

Analizáronse 32 cancións (cada alumno/a traballou unha canción distinta) nas que aparecían referencias aos bicos, con especial atención aos seguintes aspectos:

    O texto da canción ten expresións machistas

    O vídeo amosa actitudes machistas

    O texto da canción amosa actitude de violencia cara ás mulleres

    O texto da canción contén expresións a favor do mito do amor romántico, do tipo: "non podo vivir sen ti", "amareite para sempre"...

- Conclusión da actividade

    Nun 30% das cancións analizadas aparecían expresións machistas.

    Nun 58% das cancións analizadas aparecían expresións a favor do mito do amor romántico.

venres, 21 de xuño de 2024

DESPEDIDA LITERARIA

 Despois de todo un curso de xuntanzas, o Club viaxou a Santiago para facer un percorrido literario. Unha xornada festiva na que recordar os momentos lectores compartidos.

Agora, a descansar e a seguir lendo!!!

LECTURAS DIVERSAS

 Us de Sara Soler foi a última lectura da sección do Club, Lecturas diversas.

martes, 4 de xuño de 2024

MEDEA

 Nova xuntanza do Club de lectura do profesorado para falar de Medea, unha lectura completamente distinta a todas as que fixeramos ata agora. Esta traxedia de Eurípides namorounos. Coincidimos todas en que era unha lectura extraordinaria. Medea, esta maga estranxeira, seduciunos a pesar do que fixo (que non desvelamos para quen se anime a lela). É unha muller profundamente ferida e paixonal que non soporta verse relegada por Jasón despois de todo o que fixera por el. Limos algúns dos seus potentísimos monólogos, limos magníficas intervencións dos personaxes, disfrutamos coa linguaxe poética do Coro. Tamén viaxamos á Grecia clásica para tratar de comprender e constatamos a actualidade desta trama.

LIBRO ARTE

 En Letras no Alobre a biblioteca fixo a súa aportación. Fixemos un obradoiro con libros para todo o alumnado de 1º ESO. Foi todo un éxito!! Agora, ratos e muíños adornan a nosa biblioteca.

LETRAS NO ALOBRE

Como cada ano, celebramos o gran día das letras, Letras no Alobre. Ademais de obradoiros variados, tivemos un recital no que se recordou a Charlie e a fábrica de chocolate, Molière, Luísa Villalta, Mafalda. Tamén se fixeron murais que dan a coñecer a estes grandes artistas.







DESCUBRE AL PUEBLO GITANO

 Este curso, a iniciativa de Iñaki, profe de Historia, celebrouse no noso centro o Día Internacional do Pobo Xitano. Fixéronse variadas actividades como esta de 1 ESO na que se nos deron a coñecer os seus costumes e, tamén, a súa linguaxe.

KISS

 O Departamento de Inglés sumouse ao PDI co seu proxecto Kiss elaborado en 3º ESO.