domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ

 

A Paz é... de Biblioteca Castro Alobre

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O Día da Ilustración celébrase o 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao. Este ano está adicado a Reimundo Patiño, pintor e pioneiro da banda deseñada galega, como podedes ver neste vídeo.

Na seguinte ligazón podedes ver a visión persoal de Alberto Díaz, Aarón Moucho, Sandra Lodi e Andrea López sobre o pintor. Clica aquí.

Tamén nos centros educativos hai alumnado cunhas dotes artísticas excelentes; así que, que mellor que este día para dar a coñecer como traballan.



venres, 28 de xaneiro de 2022

LECTURAS AMISTOSAS

 Un bo comezo de ano é sempre unha xuntanza para compartir lecturas e, se eses libros son un "agasallo amistoso", que mellor! Falamos de lecturas recomendadas e compartidas, compartimos un bocadiño doce e presentamos as novas lecturas: Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí e Jules Verne e a vida das mulleres planta de Ledicia Costas.

O 24 de febreiro novo encontro con sorpresa. Máis info no blog do club. Clica aquí.

venres, 7 de xaneiro de 2022

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Reunimos as recomendacións da comunidade educativa nunha árbore de Nadal e expuxemos os libros (ademais doutros recomendados pola biblioteca) no vestíbulo do centro para animar a súa lectura.