Na xuntanza deste mes do Club E ti que contas? lemos Os Sneetches, unha historia tradicional inglesa cuns gansos moi divertidos. Aprenddemos que o importante non é que sexamos todos iguais, porque a diferenza nos fai persoas únicas. Esta vez tocounos ler na biblioteca do Colexio de Educación Especial.
xoves, 28 de maio de 2026
Os Sneetches
venres, 4 de outubro de 2024
DE FESTA EN FESTA
Hoxe xuntámonos na nosa biblioteca e presentámonos. Ampliamos o club e hai moitas caras novas!!! Do insti o alumnado de 3º e 4º PDC e do cole a aula azul, gris e branca. Tamén temos unha nova incorporación de profe. Ademais de Encarna, Isa e Lupe, súmase a profe Silvia.
Para a nova xuntanza, leremos a vendima e xa temos algunha que outra canción popular.
mércores, 15 de maio de 2024
MOITO MÁIS QUE XESTOS
venres, 26 de xaneiro de 2024
E TI QUE CONTAS?
Pelé foi o deportista convidado á xuntanza do Club. Falamos de esforzo, de soños cumpridos e por cumprir, de premios, de fútbol. Lemos como se converteu na estrela que foi e comparamos a súa historia coa de Muhammad Ali, a anterior lectura.
Despois propuxemos un obradoiro de máscaras, porque se achega o Entroido e non nos volveremos a ver ata despois das vacacións cunha nova historia, a de Nadal.
Por certo, tamén nos despedimos de Martín que deixa o cole para ir ao centro con Eles. Seguro que se atopará moi a gusto nesta nova etapa, aínda que o botareomos de menos. Boa sorte, Martín!
venres, 5 de xaneiro de 2024
E TI QUE CONTAS?
No Día Internacional das Persoas con Discapacidad quixemos dar a coñecer a toda a comunidade educativa o club de lectura E ti que contas?, unha experiencia moi enriquecedora na que o alumnado aprende a compartir experiencias cos compañeiros e compañeiras do Colexio de Educación Especial.
martes, 7 de marzo de 2023
DESPOIS DE MOITO TEMPO...VOLVEMOS
Sthefany, Leandro, Valentina e Elif leron o conto, mentres os compañeiros e compañeiras ían vestindo a Camila e quitándolle as bágoas, para amosar a súa progresiva felicidade.
Aprendemos moitas cousas e compartimos uns bos momentos que xa botabamos de menos.
venres, 5 de marzo de 2021
LECTURA E REIVINDICACIÓN
Unha nova xuntanza de O niño da curuxa para repartir as novas lecturas: Vampira de biblioteca de Ledicia Costas e 22 segundos de Eva Mejuto. Despois O Club sumouse a un acto reivindicativo promovido polo grupo de diversidades afectivo-sexuais a favor das mulleres trans baixo o lema, As "mulleres trans" non son "mulleres trans", son mulleres. Unha boa maneira de empatizar coa temáyica dunha das lecturas propostas.
En quince días, haberá unha sorpresa.
venres, 18 de decembro de 2020
"NARRACIÓNS VISUAIS" INCLUSIVAS
O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Este ano queremos darvos a coñecer a Robin Hammond, un fotógrafo australiano e fundador de Witness Change, unha organización que promove os dereitos humanos a través da narración visual.
Recomendamos visitar a súa web para ver e ler esas marabillosas e emotivas narracións visuais nas que denuncia:
- a discriminación que sofre a comunidade LGTBQI+ no seu traballo Where love is illegal
- as condicións das persoas con trastornos neurolóxicos en In my world
E TI TAMÉN LES?
Nesta presentación podedes atopar libros que xa tiñamos e libros novos. Aínda que a biblioteca está pechada como espazo para "estar", está aberta para solicitar libros. Non deixedes de ler!
Para ver as lecturas fai clic aquíxoves, 23 de abril de 2020
UN DÍA DO LIBRO DIFERENTE
Este é o seu traballo.
Guadalupe Vilar, coordinadora da biblioteca
É como é o Día do Libro,este é o díptico para conmemoralo.
venres, 6 de marzo de 2020
NOVA XUNTANZA, NOVA LECTURA


mércores, 19 de febreiro de 2020
LECTURA FÁCIL
venres, 14 de febreiro de 2020
REGALA DIVERSIDADE. PREMIOS

1º premio: Sonia Vázquez

xoves, 6 de febreiro de 2020
CINE CON PALOMITAS
martes, 4 de febreiro de 2020
REGALA DIVERSIDADE
luns, 23 de decembro de 2019
DEBUXANDO A GULLIVER
domingo, 15 de decembro de 2019
O CLUB SEGUE A SÚA VIAXE
TODOS E TODAS PINTAMOS MOITO






.jpg)










































