Última xuntanza do Club do profesorado. O motivo era comentar as nosas impresións sobre La desconocida de Rosa Montero e Olivier Truc. Coincidimos en que era unha historia entretida e que mantiña o interese da persoa lectora. Como, por motivos varios, eramos moi pouquiñas decidimos volver comentar esta lectura en setembro; por iso, nesta entrada non comentaremos nada máis, para non dar pistas.
xoves, 29 de xuño de 2023
mércores, 28 de xuño de 2023
LENDO SOBRE BOB DYLAN
Agradecemos a participación de todo este alumnado e esperamos que siga a colaborar con nós.
SEN LÍMITES
A CÉLULA
As vosas creacións forman parte do noso blog. É realmente interesante divulgar o traballo do alumnado, porque sabe facer moitas cousas e moi ben; como exemplo, estas células de 1º ESO na materia de Bioloxía.
HISTORIAS SEN LÍMITES
O alumnado de 2º de ESO A, D e E buscou información sobre persoas coñecidas e anónimas que superaron algún tipo de límite, Despois dunha posta en común, e a partir desta información real, crearon unha personaxe que sería a protagonista dun relato breve.
Uns bonitos libros acordeón contaron a historia dunha persoa que supera algún tipo de obstáculo ou límite. Algúns foron escritos e ilustrados para un público infantil e outros para público xuvenil.
luns, 19 de xuño de 2023
TRES ESCENAS
O departamento de Música co alumnado de Artes escénicas acudiu á biblioteca para desenvolver o Proxecto Documental Integrado "Sen límites".
martes, 6 de xuño de 2023
ORGULLO LGTBI+
En xuño celebramos o Día do Orgullo LGTBI+. Apoiamos ao Grupo de Diversidade afectivo-sexual que fai un gran esforzo para que o respecto e a igualdade cheguen a ser unha realidade. Temos a obriga de traballar con este grupo de alumnado e profesorado para defender os seus dereitos, que son os dereitos que toda persoa debe ter.
Desde a biblioteca recomendamos lecturas moi interesantes.
XINCANA LITERARIA
O Club de lectura viaxou a Santiago para facer unha xincana literaria-fotográfica. Pasárono moi ben e visitaron a cidade doutro xeito.
Máis info nesta ligazón http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2023/05/xincana-literaria.html
DE GRECIA AL MUNDO
O alumnado de Grego investigou sobre Pandora, Hércules e Medusa para ver a súa influenza ao longo do tempo ata a actualidade nos máis diversos campos.
AS MULLERES NON TEÑEN LÍMITES
O proxecto de Educación Física para o PDI consistiu en dar maior visibilidade ás mulleres, sobre todo, ás mulleres deportistas, e dar valor ao seu esforzo, así como animar a aoutras nenas e mulleres a seguir os seus pasos, non só deportivamente falando, senón en todos os campo da vida, sendo estas un exemplo positivo de esforzo e superación.