xoves, 30 de marzo de 2023

O MANGA CHEGA AO CLUB

Xuntanza ben interesante a do Club de lectura A Curuxaina. Diferentes lecturas de cada un dos membros coa súa recomendación para invitarmos á lectura de cada unha das opcións. A maioría acertou coa escolla; o manga e a novela gráfica irrumpiron con forza. Coincidiron en comentar o que lles gustaba destes libros: a atracción das imaxes, a lectura áxil, o desenvolvemento rápido da trama.

Algunhas das súas recomendacións foron: Uzumaki de Junji Ito; Hearstoppers de Alice Oseman e Guardianes de la noche de Koyoharu Otoge.

Máis info no blog do Club: https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2023/03/o-manga-chega-con-forza-ao-club.html

xoves, 23 de marzo de 2023

O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA

O último día de Terranova de Manuel Rivas foi o motivo da xuntanza literaria do Club do profesorado. Opinións encontradas sobre esta lectura que nos levou a falar sobre o papel das librerías na sociedade actual. Como boas lectoras, defensa total.
Verémonos na seguinte xuntanza para falar de Las primas de Aurora Venturini.

HELEN KELLER

Un exemplo de superación é o de Helen Keller, escritora, activista e oradora sordocega. Sara, Antón, Carlota, Guillermo e Andrés (4º ESO A) dánnola a coñecer. 

Lectura moi recomendable.

xoves, 9 de marzo de 2023

ORGULLOSA DE SER YO MISMA

Así comeza o lema que 1º ESO C plasmou no cartel para o Día da Muller Traballadora. Na elaboración deste cartel participaron Sabela Toribio, Uxía Bemposta, Iria Baños e Paula Rubianes

O equipo da biblioteca quere felicitar a estas grandes artistas por este magnífico traballo👏👏👏

mércores, 8 de marzo de 2023

MULLERES DE LIBRO

Como cada ano, desde a biblioteca queremos achegar "Mulleres de libro" a toda a comunidade educativa. Libros escritos por mulleres, pero tamén títulos con nome de muller. O certo é que son una pequena parte entre toda a nosa colección, pero desde logo moi, moi valiosa. Paga a pena dalos a coñecer e convidar a súa lectura.

Ademais de libros, a dinamización de igualdade está a organizar unhas charlas do máis interesante. Están pasando polo noso centro mulleres como Malva-@todomal.va, Guadi Galego, María Vázquez e Cris Iglesias, Esther Buela, Olalla Bouzas Cores e La Yaya DJ.


ONS

O pasado xoves viaxamos a Ons co alumnado do Club de lectura, un libro de Carlos Meixide. Opinións diferentes sobre a lectura que coincidiron no desexo de poder ir á illa para facer o roteiro literario. Terémolo que pensar, non si?

Máis info no blog do Club

 http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2023/03/ons.html

Para rematar a xuntanza, propúxemos como lectura novela gráfica e manga. Cadaquén podía elixir, segundo as súas preferencias. A ver que nos contan!

martes, 7 de marzo de 2023

DESPOIS DE MOITO TEMPO...VOLVEMOS

Si, así é. Por fin, volve o Club de lectura inclusivo. Por fin, o alumnado do Colexio de Educación Especial volve a nosa biblioteca para compartir unha lectura, A cebra Camila.

Sthefany, Leandro, Valentina e Elif leron o conto, mentres os compañeiros e compañeiras ían vestindo a Camila e quitándolle as bágoas, para amosar a súa progresiva felicidade. 

Aprendemos moitas cousas e compartimos uns bos momentos que xa botabamos de menos.