xoves, 22 de decembro de 2022

ÁRBORE LITERARIA DE NADAL

Estes días brillou nun dos nosos espazos lectores esta árbore de Nadal que o alumnado do Club de Lectura converteu nunha árbore literaria coas súas recomendacións lectoras. Libros para todos os gustos, pero sempre destinados á rapazada.

Tamén queremos recomendar lecturas para estes días de vacacións.

CANDO DEBUXAMOS AS LECTURAS

Como sabedes, as lecturas tamén se poden plasmar en imaxes. Ás veces, nos custa escribir, pero nos gusta debuxar. Isto foi o que fixo Carolina Claramunt Silva de 4º ESO. Reinterpretou os primeiros capítulos de Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz.

ENTREGA DE PREMIOS

Custounos un pouco entregar os premios do concurso "Imaxinando un novo It" pero, finalmente, conseguímolo. Coincidiu con época de exames e foinos imposible reunir ao alumnado premiado. Estes son os marabillosos debuxos.

Parabéns!!!

Categoría A (1º, 2º e 3º ESO)

1º premio. Victoria Tabata (3º D)

2º premio. Gabriel Carbone (1º B)

3º premio. Kevin Andrés e Madeleine Naranjo (2º E)

Categoría B (4º ESO, 1º e 2ª bac.)

1º premio. Yara Tristán (4º B)

2º premio. Elena Martínez (1º A)

3º premio. Bruno Seco (4º C)





SEN LÍMITES

Fotoxornalistas destacados que non teñen límites na súa defensa dos dereitos humanos. Grazas ao seu traballo, coñecemos mellor a realidade que, non por lonxana, debe deixar de preocuparnos. 
Unha lectura sempre recomendable que podedes atopar na nosa biblioteca.

mércores, 21 de decembro de 2022

martes, 6 de decembro de 2022

CHEGA O NADAL

Chega decembro e con el o Nadal. O Club do alumnado axudounos a poñer a árbore que esperamos conertir nunha árbore "literaria" con recomendacións lectoras.