O lema escollido este ano para conmemorar o Día das Bibliotecas pretende incidir no carácter multidisciplinar das bibliotecas como espazos non só de lectura, senón tamén como lugares nos que iniciar e consolidar a aprendizaxe. Con todos estes coñecimentos adquiridos poderemos emprender unha viaxe que nos levará a descubrir novas ideas e nos efará medrar como persoas.
luns, 25 de outubro de 2021
domingo, 17 de outubro de 2021
MEDRANDO COS LIBROS
O 18 de outubro conmemórase o Día das Escritoras e, de novo, a biblioteca súmase á iniciativa da Biblioteca Nacional. Este ano a comisaria Marifé Santiago Bolaños elixiu como tema para a escolla de textos "Leer las edades de la vida", uns textos cos que foron e van medrando todas aquelas persoas que os leron e os seguen a ler.
Recomendamos a súa lectura na Hora de Ler e en calquera hora da xornada de mañá. Tamén, o Departamento de Lingua galega fixo unha selección de textos de escritoras galegas e de lingua portuguesa e, por suposto, recomendamos a súa lectura. Mañá é un día adicado ás escritoras.
Podedes ler os textos clicando aquí.
venres, 15 de outubro de 2021
O CLUB DE LECTURA COMEZA A VIAXE
Hoxe o alumnado "curuxaino" reuniuse para recoller os libros que o acompañarán na primeira viaxe lectora. Que pasará na Coruña? E en Yorkshire? Esperamos impacientes a que nos conten as súas aventuras. Se queredes ver as fotos clicade aquí.
REIVINDICANDO A IGUALDADE
Deixámosvos un vídeo e unhas imaxes unha saída do armario simbólica apoiada por profesorado e alumnado e, por suposto, polo Equipo da biblioteca
xoves, 7 de outubro de 2021
OS LIBROS TAMÉN SAEN DO ARMARIO
O 11 de outubro é o Día Internacional da Saída do Armario e a biblioteca quere apoiar ao colectivo LGTBI+ como mellor sabe facelo, compartindo lecturas e abrindo as portas para que tamén os libros saian do armario.
QUE LIBRO ESCOLLEMOS?
Primeira xuntanza do Club O niño da curuxa para escoller a primeira lectura. E viaxando, viaxando chegaremos desde A Coruña ata Yorkshire, ao norte de Inglaterra. Se queredes saber un pouco máis, clicade aquí.
mércores, 6 de outubro de 2021
CLUB DE LECTURA
Con moitos ánimos e moitas ganas comezamos este curso. Mañá teremos a primeira reunión do Club de lectura do alumnado. Despois do gran traballo desenvolvido por Raquel, serán Ana (profe de galego) e Teresa (profe de castelán) as encargadas de promover as lecturas entre os mozos e mozas do noso instituto. Agradecemos a súa boa disposición para afrontar este reto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)