A Biblioteca do IES Castro Alobre
resultou gañadora da Distinción Sello
CCB 2018 na categoría de Bibliotecas escolares.
O Consejo de Cooperación
Bibliotecaria, organismo dependente do Ministerio de Cultura, vén de
recoñecer o proxecto do curso pasado, Rescatando
culturas (pinchar aquí), modelo de boas prácticas.
O 20 de febreiro entregáronse as distincións na Biblioteca Rexional Joaquín Leguina de Madrid, acto ao que acudimos cun grande orgullo. O Equipo de
biblioteca está encantado de podervos
transmitir esta boa noticia.
No acto de entrega fixemos unha presentación do proxecto.
A distinción na categoría de bibliotecas escolares foi entregada por Nuria Manzano Soto, Directora do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa.Guadalupe Vilar Bernárdez, coordinadora de la #bibliotecaescolar del IES Castro Alobre, presenta el proyecto "Rescatando culturas" ganador del #SelloCCB 2018 pic.twitter.com/k0taI0qNK9— CCB (@CCBiblio) 20 de febrero de 2019
#SelloCCB 2018 #bibliotecasescolares al proyecto "Rescatando culturas" del IES Castro Alobre https://t.co/pYU833iDM1 pic.twitter.com/Aqz3ZZrbpL— CCB (@CCBiblio) 21 de febrero de 2019
A biblioteca recibiu parabéns do Concello de Vilagarcía e doutras institucións.
A noticia publicouse nos medios de comunicación.
Noticia completa aquí |
Noticia completa aquí |
Noticia completa aquí |
Esta distinción que recibiu a biblioteca é, tamén, un recoñecemento ao traballo do profesorado e alumnado que se implicou nas diferentes actividades propostas. Os nosos agradecementos.
E por se queredes ver o proxecto gañador, podedes premer aquí.