Este curso preséntase especialmente duro e moi diferente para alumnado e profesorado. Debemos acostumbrarnos a unha serie de normas tan estrañas como necesarias: non compartades, non traballedes en grupo, non fagades deportes de contacto... A pantasma da COVID 19 está rondando e é, realmente, un asunto moi serio.
Tamén a biblioteca escolar se verá afectada polo virus. No noso caso quedamos sen biblioteca. Xa non haberá ese espazo de encontro, de lectura, de estudo, do cal estabamos tan orgullosos e orgullosas. Soarán prohibicións continuas: non toquedes os libros, non collades películas, non veñades con compañía a solicitar os préstamos e, mellor, se non vides; sempre temos un correo electrónico para axudarvos.
É unha mágoa, pero ten que ser.
A biblioteca pecha e se converte en aula. É necesario acoller a trinta alumnos e alumnas, que se verán rodeados de libros. Libros que será difícil prestar, porque non podemos expoñer nos diversos espazos lectores que tiñamos e desapareceron. Totalmente necesario, de novo.
Pero a pregunta é, como imos dinamizar unha biblioteca sen biblioteca?
Quédanos o blog, pero sabemos que así é moi difícil mover ao alumnado. O meu ánimo como coordinadora da biblioteca está moi baixo. Doe poñer carteis de "Non tocar". Como faremos a xestión da biblioteca? Preguntas aínda sen resposta.
De momento, "o papeleo", o Protocolo da biblioteca que podedes consultar aquí https://drive.google.com/file/d/16h3qYDpvMR22djhN8UJ14B_RjA1GmJVu/view?usp=sharing
De xeito resumido e máis dinámico este vídeo