Bonita flor a camelia e hai que ver como alegra os corredores. O encargado desta mostra fotográfica é o alumnado do Proxecto Competencial de 1º ESO. A profe Concha estalles ensinando a valorar as paisaxes e as flores que están moi preto de nós e nas que, moitas veces, non reparamos.
mércores, 22 de febreiro de 2023
PINTANDO UN LAXEIRO
A profe Marisa levou ao alumnado do agrupamento de Lingua e exención de 1º e 2º ESO a visitar a exposición de Laxeiro, que podemos ver no Auditorio de Vilagarcía. Acompañounos a profe Concha para explicarlles as características da pintura que estaban a ver. Gustou a exposición e gustaron as explicacións.
Para rematar a xornada didáctica, o alumnado sorprendeunos con esta marabillosa pintura.
A creatividade non ten límites!! Agocharase algún pintor ou pintora entre o alumnado asistente?👀👀
PREMIOS DO ENTROIDO
Aproveitando a festa do Entroido do noso centro, entregamos os premios do concurso "Disfrázate dun personaxe literario". Realmente, os resultados foron espectaculares. Como mostra, o alumnado gañador.
Parabéns!👏👏
Premio individual
1º premio. Andrés Salvado Otero, 4º ESO A |
2º premio. Carlota Magán, 4º ESO A |
xoves, 16 de febreiro de 2023
O AMOR SEN LÍMITES
Chega o 14 de febreiro e o alumnado de Voluntariado lingüístico interésase por esta celebración nos distintos países.
Que mellor maneira de enterarnos dos diferentes costumes que entrevistando a alumnado do noso centro? Mirade o vídeo porque o Día de San Valentín non ten límites. Viaxamos desde Burundi ata Brasil, pasando por Inglaterra, Portugal, Colombia ou Senegal.
luns, 13 de febreiro de 2023
E CHEGA O ENTROIDO...
LECTURAS DE MULLERES CIENTÍFICAS
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e nada mellor que lecturas que dean a coñecer a científicas importantes.
xoves, 9 de febreiro de 2023
VIAXANDO POLOS PARQUES NATURAIS
Non hai límites na creatividade do noso alumnado. De novo en Xeografía, coa profe Marisa, o alumnado de 1º ESO A e B tivo que poñer a pobra os seus coñecementos dos parques naturais e plasmar o elixido nunha maqueta. O resultado foi incrible. Unha maneira diferente de aprender moi atractiva.
Parabéns polas vosas creacións! 👏👏👏
Parque naturais de 1º ESO B
Parques naturais de 1º ESO A