luns, 31 de maio de 2021
ÚLTIMAS XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA
venres, 28 de maio de 2021
LETRAS NO ALOBRE
Recital poético |
Recital poético |
Obradoiro de portugués |
Obradoiro de tradución |
martes, 18 de maio de 2021
LECTURAS LGTBI
A exposición de libros está no vestíbulo do instituto e, por suposto, podedes solicitalos en préstamo.
venres, 14 de maio de 2021
HOMENAXE A XELA ARIAS
Poesía reunida, Darío a diario ou Intempériome son algúns dos títulos que podedes atopar na biblioteca.
Ademais, queremos compartir o traballo que o Departamento de Lingua Galega fixo co seu alumnado. Podedes ver as fotos dos murais e a presentación Xela no Alobre realizada pola profesora Mónica Rodríguez para 1º de ESO.
Parabéns polo voso traballo e grazas por compartilo.
xoves, 13 de maio de 2021
POEMAS NO POEMAS
domingo, 9 de maio de 2021
NOVAS PROPOSTAS PARA O CLUB
Xa iniciando a recta final, temos novas propostas de lectura para o club. As dúas son banda deseñada: O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila e Subnormal de Fernando LLor e Miguel Porto. Seguro que dan moito que falar.
Se queredes ver a información completa desta xuntanza clicade nesta ligazón ao blog do club Curuxaina.
https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/05/nova-proposta-banda-desenada.html
luns, 3 de maio de 2021
QUERES APRENDER PORTUGUÉS?
Pois se queres, na biblioteca poderás atopar libros para aprendelo. Como xa saberedes, este curso pódese estudar a lingua portuguesa como optativa en primeiro de bacharelato. Por iso, mercamos libros para axudar a súa aprendizaxe.
Tamén recomendamos a lectura deste libro de Gonçalo M. Tavares, no que se nos conta a viaxe de Marius acompañado de Hanna, unha nena con síndrome de Down que busca ao seu pai.