Nada mellor que conmemorar o Día das Bibliotecas convidando ao alumnado a coñecer todos os recursos que lle podemos ofrecer, as actividades nas que pode participar e mostrarlle as diferentes seccións e como atopar os libros. Especial atención adicámoslle a 1º ESO por ser o primeiro ano que están no instituto.
martes, 31 de outubro de 2023
xoves, 19 de outubro de 2023
TERROR NO INSTITUTO
Atención!!!!
RADIO NA BIBLIO
Este curso a Biblioteca solicitou a integración no programa Radio na Biblio. Esperemos que nolo concedan, porque queremos apoiar ao Proxecto Competencial de 3º ESO, dirixido pola profesora Marisa de Lingua galega.
A nosa
colaboración está asegurada e iremos integrando alumnado voluntario para
participar nos programas. Polo de pronto, convocouse un concurso para buscarlle
un nome á radio.
O concurso, que terá como premio 10 euros para gastar na cafetería e a honra de ser o/a autor/a do nome da Radio, estrutúrase en tres fases:
Fase 1: Propostas de nomes (desde o 10 ao 19 de outubro). Poderase participar a través de tres vías:
-Deixando
a túa proposta no buzón colocado na biblioteca.
-
Enviando unha DM ao Instagram de @galegocastroalobre
- Entregándollo
ao alumnado de Proxecto Competencial que pasará polas aulas no día 19 de
outubro.
Fase 2: Selección dos 10 mellores nomes
- Realizará esta selección o alumnado de
Proxecto Competencial de 2º da ESO.
Fase 3: Escolla do nome da Radio.
Tamén buscamos un logo para a radio. Lede en a convocatoria do concurso.
mércores, 18 de outubro de 2023
DÍA DAS ESCRITORAS
Comezamos a Hora de Ler o Día das Escritoras. O equipo da biblioteca propón como lectura a selección de textos da BNE e a selección de textos de escritoras galegas. Son xustamente estes textos os que un grupiño de alumnado de 3º ESO le na biblioteca.
Fomentando a lectura!
OS LIBROS TAMÉN SAEN DO ARMARIO
Un ano máis celebramos o Día Internacional da Saída do armario, un bo día para que tamén os libros saian dos andeis. O grupo LGTBI+ escenificou esta saída e a biblioteca visibilizou libros desta temática. E seguimos aumentando as lecturas.