martes, 28 de maio de 2019

ENTREGA DE PREMIOS

O concurso Biblio.com chegou ao final. Agradecemos ao alumnado a súa participación. Especialmente, queremos recoñecer o traballo da última proba: o vídeo de booktuber. Todos os presentados estaban xenial.

Finalmente, os premios foron para...


                               1º. Elena Ferreiro
                               2º. Lucía González
                               3º. Daniel Vicente










E estes son os vídeos do primeiro e terceiro premio.
Parabéns!!

BIBLIO.COM: PUNTUACIÓNS FINAIS


IGUAIS NA DIVERSIDADE

Nesta nova sesión do Club de Lectura inclusiva coñecemos un pouquiño máis ás persoas do centro Con Eles. O alumnado de 3º deuse conta de que compartían gustos, afeccións, retos. Esta é a grandeza deste Club, Iguais na diversidade


xoves, 16 de maio de 2019

LGTB

Cando deixaremos de ler estes titulares nos xornais? 
Apoio incondicional a todo este colectivo e, por suposto, ao noso grupo de Diversidade afectivo sexual e a súa coordinadora, Paloma, para que siga adiante normalizando esta situación.
Equipo de biblioteca




DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Antón Fraguas.



“Esta muller ( mamá Antonia) era analfabeta, non sabía ler nin escribir, pero coñecía os costumes. Sabía oracións, coplas e contos. Moitos dos que eu coñezo ensinoumos ela. Foi a miña gran mestra”.  
"A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra".
Recomendamos  estas lecturas.





venres, 10 de maio de 2019

AMOR AMARGO

Nesta Semana Escolar contra a Violencia de Xénero (do 6 ao 10 de maio), o alumnado de 3º PMAR está a ler Amor Amargo, un libro de Xosé A. Perozo, editado polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Esta historia, protagonizada por mozos e mozas de idades próximas ás dos nosos lectores e lectoras, será o punto de partida dun debate acerca de como se debe afrontar a vida en parella nestas idades e, por suposto, ao longo de toda a súa vida.
O alumnado ve reflectidas nos protagonistas condutas ben coñecidas: a submisión total de Ana, a moza namorada, o aillamento das súas amizades, as desculpas pola actitude de Uxío; pero tamén, a imposición e o control total do mozo. As advertencias do grupo de amigos e amigas de Ana e os intentos de abrirlle os ollos non evitarán que Ana sufra en carne propia o abuso deste xoven maltratador.








venres, 3 de maio de 2019

ENCONTROS NA BIBLIOTECA


Agradecemos a Manuel Esperón e a Iñaki Fernández de 1º de bacharelato A a gravación do vídeo.

MEMORIA DO SILENCIO

O club de lectura do profesorado compartiu mesa con Eva Mejuto, autora de Memoria do silencio, para achegarlle a súa visión desta intensa obra.


Despois fixeron un roteiro por Pontevedra guiado por María Xesús López Escudeiro.


Agradecemos ás dúas esta marabillosa xornada.