domingo, 31 de xaneiro de 2021
DÍA DA ILUSTRACIÓN
sábado, 30 de xaneiro de 2021
venres, 29 de xaneiro de 2021
AS BIBLIOTECAS EN TEMPO DE GUERRA
O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Cada ano rexeitamos a violencia e visibilizamos as terribles consecuencias das guerras non só entre a poboación adulta, senón tamén xoven, secuelas que permanecerán toda a vida.
Este ano, no que quedamos no noso centro sen biblioteca (non, evidentemente, por unha guerra, pero si por unha pandemia), queremos lembrar a importancia destes espazos na formación dos nosos mozos e mozas e reivindicar a necesidade de mantelas abertas tamén, e sobre todo, nos momentos difíciles.
Foto de Gervasio Sánchez. Biblioteca de Saraxevo |
Como di Inma Herrero en Biblogtecarios, "Las bibliotecas son una víctima más de las contiendas bélicas, los fanatismos y los totalitarismos. Como instrumentos garantes del conocimiento; custodios de la memoria, la diversidad y la identidad cultural de los pueblos; y facilitadores del pensamiento crítico han sufrido ataques importantes."
Bibliobús del Servei de Biblioteques del Front. Arquivo da Biblioteca de Cataluña |
- Pep Sánchez en Cultura en acción: "Les bibliotecàries: Crónicas de vida en tiempos de guerra", un libro que reúne as anotacións, entre 1933 e 1939, de dúas bibliotecarias da Biblioteca Popular Pere Vila, un barrio obreiro de Barcelona (http://www.culturaenaccion.com/les-bibliotecaries/).
Papeletas de préstamo |
LEMOS BANDA DESEÑADA!
venres, 22 de xaneiro de 2021
AGASALLOS PARA O NIÑO DA CURUXA
O pasado venres, nunha xuntanza coa rapazada integrante do Club de lectura, a súa coordinadora, Raquel, repartiu os agasallos que o Apalpador deixara para estes lectores e lectoras.
Máis info aquí: https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/01/agasallos-do-apalpador.html
venres, 15 de xaneiro de 2021
MITOS GRIEGOS
Hoxe falamos de libros, mellor dito, dun libro, Mitos griegos de Maria Angelidou. O alumnado de 1º ESO B e E fixo un traballo espléndido, non só amosando unha grande creatividade co deseño da portada, senón tamén coa calidade das súas críticas. A maioría coincide en que é un libro entretido, fácil de ler, con mitos curtos e variados que tratan un tema de interese, a mitoloxía.
Nada mellor para unha biblioteca escolar que sexa o propio alumnado o encargado das recomendacións literarias.
Xa sabedes! Podedes achegarnos as vosas recomendacións ao noso correo electrónico bibliocastroalobre@gmail.com
Animádevos!