luns, 22 de abril de 2024

TEREI OU NON TEREI?

 Estase achegando o Día do Libro. Comezamos coas lecturas na biblio "Lecturas vivas polifónicas II" e os libros cheguen enchendo as cestas!!!

MULLERES EN LOITA

Mulleres en loita é unha exposición promovida por Amnistía Internacional que podemos ver no noso centro. Ademais, tamén temos material didáctico para traballar na aula, aínda que a lectura dos paneis xa é máis que suficiente para promover a reflexión.


domingo, 21 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA

 Novas xuntanzas do Club do alumnado. Por unha banda, o alumnado de 3º, 4º e 1º bac. xa ten a próxima lectura, Mentira de Care Santos. Por outra, Lectura con-ciencia reuniuse para falar de Rebelión en la granja e propoñer a lectura de Micro algas de Xulia Pisón.

Máis info nesta ligazón https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2024/04/seguimos-lendo.html




TEREI OU NON TEREI?

 O Día do Libro vai ser un día especial ou, polo menos, iso pretendemos desde a biblioteca. A proposta que lle facemos a todo o profesorado consiste en "agasallar" cun libro da biblioteca a un profesor ou profesora. Para iso debemos coller un sobre cun nome. Quen nos tocará? Gustaralle o libro que escollemos? O martes 23 despexaremos todas as dúbidas. Mentres tanto, animamos á participación. Achegádevos a biblioteca e veredes que boas propostas vos facemos.

DÍA INTERNACIONAL DO BICO

 O 13 de abril celebramos o Día do bico con este vídeo no que aprendemos a dicir "bico" en diferentes linguas.

HÉCTOR CAJARAVILLE

 Hai uns días contamos coa presenza dun escritor moi querido no noso centro, Héctor Cajaraville. Son xa moitos os libros lidos deste autor e xa varias as súas visitas. Esta vez o encontro foi dirixido a 2º ESO, xa que leron A caixiña dos rancores. O alumndo quedou encantado y con ganas de ler o seu próximo libro que comezará a escribir en breve, segundo lles contou.

Aproveitamos a súa visita para que asinara, de novo, no libro da biblioteca. 


A FORZA DOS BICOS

 A forza dos bicos chegou con Antonio García Teijeiro. O alumnado de 2º ESO leu poemas con temática "bico" e contaron unha historia desde a súa perspectiva. Un bo traballo.

Isto foi todo o que fixeron. Redacción dun conto inventado a partir dun poema diferente do escritor Antonio García Teijeiro (extraído de volumes deste autor como Bicos, bicos e máis bicos, Bicos e non balas e Bicos na voz). Acompañar dunha pequena ilustración. 2-3 horas. Con todos os contos elaborouse un mural que foi colocado no corredor (zonas de tránsito) do instituto. A lírica e a narración como xéneros literarios son contidos deste nivel.


En 4º ESO, traballouse en tres grupos. Actividade elaborada de forma individual, en parellas ou en pequenos grupos. 2-3 horas de clase. Elaboración dun poema utilizando dous códigos (galego e castelán) e imaxes, que incluíse a palabra "bicos" polo menos unha vez. O alumnado partía dunha serie de libros vellos da biblioteca (que estaban para ser retirados) para ir recortando palabras e elaborar a súa actividade como faría un poeta vangardista. Mes de abril. Con todos os poemas elaborouse un mural. a vangarda na literatura galega é un contido deste nivel.