A campaña solidaria, organizada pola biblioteca do IES
Castro Alobre a favor do Centro Tulizeni da República Democrática do Congo,
recadou un total de 1463€.
Queremos agradecer
dun xeito especial a colaboración do Grupo de Diversidades
afectivo-sexuais do instituto, que doou os cartos obtidos pola venda de
artigos co fin de visibilizar ao colectivo LGTBI e a colaboración do alumnado, coordinado pola profesora Mariola González,
que doou os cartos obtidos pola venda de comida o día das Letras no Alobre. Tamén
queremos dar as grazas á biblioteca do IES Cotarelo pola venda de fotos no seu
instituto.
Lembramos, de novo, e agradecemos a colaboración do Concello
de Vilagarcía, de Setga e Naturgalia (empresas de Pontevedra) e de Zona Aberta,
Stin e Duende.
Se alguén quere colaborar nesta campaña, aínda pode
mercar fotos no IES Castro Alobre.