venres, 22 de abril de 2022

AS IMAXES DOS LIBROS

Como sabedes, o 23 de abril celebramos o Día do Libro e, coma sempre, queremos recomendarvos lecturas que podedes atopar nos expositores e, por suposto, na biblioteca.

Tamén buscamos algunhas imaxes de actividades destes anos e recordáronnos algúns títulos de libros. A ver que vos parecen. Seguro que vos animades a ler, aínda que non sempre sexan novidades.

Boas lecturas hoxe e sempre!

luns, 18 de abril de 2022

RELATA VILAGARCÍA

 Lembramos que xa está a piques de rematar a data límite do concurso Relata Vilagarcía. 

PLÁCIDO CASTRO

Na semana do 4 ao 8 de abril lembramos cunha exposición biográfica a figura de Plácido Castro, importante figura do galeguismo histórico vencellada a nosa vila. Tamén fixemos unha exposición de libros doados á biblioteca pola Fundación Plácido Castro.

Se queredes coñecer máis a fondo a Plácido Castro  podedes vir á biblioteca e levar en préstamo algún dos libros doados ou podedes visitar a páxina da Fundación https://www.fundacionplacidocastro.com/

A POESÍA CHEGA AO CLUB

Sempre é un reto recomendar a lectura de poesía á mocidade, pero temos a sorte de contar cun club lector que afronta calquera tipo de lectura con entusiasmo. É así celebramos o Día da Poesía: recitamos, mostamos caligramas e poetizamos imaxes.

Máis info no blog do Club Curuxaina http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2022/03/a-poesia-chega-ao-club.html